Por estrada
Para chegar á vila das Neves existen varias alternativas tanto en transporte (en coche ou autobús) como en itinerarios. A continuación, mostraremos as diferentes rutas para desprazarse ás Neves en coche dependendo do seu punto de orixe. Premendo cada unha das imaxes redirixe á páxina web de OpenStreetMap para seguir as direccións.
EN COCHE
Dende Ourense
– Accédese pola autovía A-52 dirección Vigo e posteriormente tómase a saída 287 hacia PO-402, en dirección As Neves.
– Accédese pola autovía A-52 dirección Vigo, tomaremos a saída 271 hacia A Cañiza/Crecente e posteriormente tomaremos a PO-5003 ata Arbo. Dende Arbo colleremos a PO-400 ata As Neves.
Dende o norte (A Coruña, Santiago e Vigo)
Accédese pola autoestrada AP-9 cara Pontevedra/A Coruña, a continuación tomaremos a A-56 para posteriormente tomar a A-52 para coller a saída 291 cara As Neves.
Dende Portugal
Para acceder As Neves dende Portugal existe a posibilidade de cruzar a Ponte Internacional que une Monzón e Salvaterra de Miño e coller a PO-400 cara As Neves, ou ben cruzar a Ponte Internacional que une Melgazo e Arbo e coller a PO-400 cara As Neves. A continuación, poñemos o exemplo dende Porto, cruzando a Ponte Internacional que une Valença do Minho e Tui.
EN AUTOBÚS
Hai conexións regulares dende Vigo cos concellos limítrofes da comarca a través da empresa OJEA, que intercomunica todo o Condado-Paradanta. Salen dende a Estación de Autobuses de Vigo e existen varias paradas ó longo do percorrido. Outra das empresas de transporte é Faibus, rede de autobuses interurbanos que teñen servicio dende Vigo ata As Neves.
CONTACTO OJEA:
Tlf: 986 64 08 46
CONTACTO FAIBUS:
Web: www.faibus.com
Tlf: 986 19 45 45
Enderezo Estación de Autobuses Vigo: Avenida de Madrid, 57 – Vigo