A Feira do Requeixo e Mel deste 2019, a número 28, que se celebra nas Neves, abrangue este ano un gran número de actividades que irán sucedéndose durante varias semanas ate chegar aos días ‘centrais’ desta celebración, que este ano serán dous: o 19 e 20 de abril.

O programa ten propostas para o tempo de lecer, para maiores e cativos, para os amantes das tradicións, para aqueles e aquelas que queiran amosar as súa pericia culinaria ou para os e as que prefiran gozar, sen máis, da gastronomía.

Tamén haberá tempo para a música, novas experiencias relacionadas coa elaboración do requeixo e a obtención do mel, para relacionarse coa natureza, para coñecer a cultura e as tradicións dass Neves e para os e as amantes do deporte.

Precisamente estes últimos teñen este domingo, día 24 de marzo, as súas primeiras citas nas Neves, que inicia as actividades relacionadas coa Feira do Requeixo e Mel. Tratase da a VIII ruta BTT “Los 66 del Requesón”, na que os participantes percorrerán 33 quilómetros polos montes da vila, e unha Ruta de Sendeirismo de 8 quilómetros pensada para todas as idades, na que os camiñantes poderán admirar a beleza da parroquia de Cerdeira.

II Concurso
“Receitas con Requeixo das Neves”

Bases do Concurso de Receitas