O Alcalde

alcalde1

Xosé Manuel Rodríguez Méndez
Alcalde – Presidente

Dende o goberno local, que me honro en presidir, quero expresar a miña satisfacción pola posta en marcha desta páxina web, que nos permite dar a coñecer o mellor do Concello das Neves.

Internet é unha fiestra aberta ao mundo que se converteu en poucos anos nun xeito imprescindible de comunicarnos; unha canle pola que podemos amosar a nosa bela e singular xeografía, a nosa singularidade arqueolóxica e histórica; o noso rico patrimonio natural, gastronómico e paisaxístico. O noso labor continuo dende o goberno local, quedará reflectido neste espazo virtual, para as veciñas e veciños que desexen estar informados do que pasa día a día no seu concello. A web debe ser unha ferramenta para a comunicación: as veciñas e veciños poden estar informados da actualidade municipal, ter acceso a información administrativa e información turística para quen nos queira visitar.
Considero moi interesante o apartado da web que se descobre tralo botón Turismo As Neves. Aí poden descubrir un avance do que poden atopar no noso Concello.

O camiño da modernidade e do progreso que todos emprendemos non ten volta atrás e non debemos esquecer que o camiño temos que facelo entre todos, e que só a convivencia en harmonía nos pode conducir cara a un futuro mellor.