Este pasado sábado o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, mantivo unha reunión coa alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, e o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, para solicitar ao Goberno do Estado que, tal e como decidira o Consello de Ministros de Portugal, se reabrirse a tempada de pesca tradicional da lamprea.
Finalmente, este domingo, o comandante Naval do Miño, seguindo as instrucións da Delegacción do Goberno en Galicia, vén de comunicar que dende este luns, día 4 de maio á 01:00 h. está autorizada a pesca tradicional dende pesqueira,no Treito Internacional do Río Miño.
Deste xeito, o Goberno do Estado atende a solicitude dos alcaldes e alcaldesa de Arbo, Crecente, Salvaterra e As Neves, e os seus argumentos a favor de permitir a pesca tradicional en tanto que concorda coas normas en vigor en relación coa pandemia do Covid-19 que permiten, para autoconsumo, a cría e coidado de animais, ou traballo nas hortas.