A Unidade Móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), estará o vindeiro venres, día 31 de xullo nas Neves, fronte ao Centro de Saúde, de 10:00-14:00h. e de 16:00 a 21:00 h.
ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste
servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos
ingresados nos hospitais de Galicia.
Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes
Todos os días precisan sangue moitas persoas que son sometidas a
intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia ou deben someterse a un transplantes de órganos para sobrevivir.
Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de
sangue para poder facerlle fronte as súas necesidades: ti podes colaborar.
Para máis seguridade, as veciñas e veciños que queiran doar poden solicitar cita previa chamando ao teléfono 900 100 828.