Este mércores 30 de decembro estará unha unidade móbil de Doazón de Sangue fronte ao Centro de Saúde. O horario vai ser de 10:00 a 14:00 h, e de 16:00 a 21:00 h.

Agora mesmo, están baixas as reservas de Cero Negativo (0-), A Positivo (A+) e A Negativo (A-).

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)  lembra que son necesarias 500 donacións diarias de sangue para facer fronte ás necesidades dos centros sanitarios galegos.