Dende este martes, día 1, e ata o vindeiro día 11 de decembro (os dous incluidos), está aberto o prazo de inscrición para as ‘Ludotecas de Nadal 2020’ do Concello das Neves financiadas en parte pola Deputación de Pontevedra.
Nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade
As mesmas están destinadas a nenas e nenos empadroados en As Neves, pertencentes a familias monoparentais ou aquelas que as dúas persoas proxenitoras estean en situación laboral activa, con idades
comprendidas entre os 6 e os 12 anos cumpridos no momento de inicio da ludoteca.
Favorecer a conciliación
O fin desta actividade é favorecer a conciliación, facendo especial fincapé na tarefa de coidado de menores que a miúdo recae nas nais. Así como facer fronte ao impacto da COVID-19 para que as tarefas de coidado non recaian naquelas persoas máis vulnerables, como soen ser as avoas e avós.
Esta actuación ofrece unha alternativa lúdica e educativa á cativada do concello durante o período de vacacións do Nadal á vez que se fomentan os valores de igualdade, solidariedade, convivencia e respecto ao medio ambiente e a contorna na que viven.
Horario e duración
Horario:
• Mañás de 10,00 a 14,00 horas
• Tardes de 16,00 a 20,00 horas
Duración: Días 23, 24, 26, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 4, 5, 7 e 8 de xaneiro (límite de 30
participantes).
Emprazamentos das ludotecas
• Escola de Liñares.
• Escola de Rubiós.
• Centro Cultural As Soidades (Santiago de Ribarteme).
Inscrición
A inscrición para solicitude de praza na Ludoteca de Nadal, realizarase nos Servizos Sociais do Concello de luns a venres ou a través do correo electrónico servizossociais@asneves.gal
Podes descargar a solicitude aquí
As solicitudes poderán descargarse na web do Concello ou poderase recoller presencialmente nos Servizos Sociais do Concello.
Asignación de prazas
• Persoas empadroadas no Concello das Neves.
• Persoas que xustifiquen a necesidade por motivos laborais.
• Familias monoparentais.
Perda de prazas
• A falta de presentación de toda a documentación esixida.
• A ausencia inxustificada durante 2 días (a praza adxudicarase á seguinte menor na lista de adxudicación).
Documentación a presentar pola persoa solicitante
• Solicitude de inscrición.
• Ficha da/o menor participante.
• DNI do pai/nai/titor/a.
• DNI da/o menor ou libro de familia.
• Contrato laboral das persoas que conforman a unidade familiar.
• Declaración xurada do horario de traballo.
• Documento xustificativo de ser familia monomarental ou monoparental.
• Tarxeta Sanitaria da/do menor.