Nos últimos días leváronse a cabo diferentes actividades do programa ‘O Monte nace na Escola’ – promovido polo Concello e financiado con fondos de As Neves Zona Cero- no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e nas EEI de Rubiós e Taboexa.

O pasado xoves 18 de marzo, o alumnado de 4º do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé fixo unha plantación de froitos vermellos (framboesas, grosellas e amorodos) nun lugar do patio, onde había unha pequena construción rectangular que limpara o persoal do Concello e que, posteriormente foi preparado para esta actividade. Será o propio alumnado o que se encargue de manter as plantas e de recoller os froitos.

O luns 22 de marzo, as nenas e nenos da EEI de Taboexa realizaron un traballo de identificación de plantas silvestres.

 

O martes 23 de marzo, os nenos e nenas da EEI de Rubiós asistiron a un obradoiro de horta ecolóxica.

O mércores 24 de marzo, realizáronse labores de limpeza da horta.

Este xoves pasado, 25 de marzo, o alumnado do Ciclo de Panadaría da EFA A Cancela, fixo un roteiro de plantas silvestres dende o centro ata as inmediacións do Hotel Nande. Nel recolleron plantas para a súa posterior elaboración.