from
to
Cultura Ensino Muller Novidades O Concello das Neves porá en marcha un programa co gallo do 8 de Marzo para celebrar o ‘Día Internacional da Muller’, que coincide con mobilizacións reivindicativas en todo o país para esixir, unha vez máis o dereito a ser libres, a acabar coas discriminacións, a cobrar o mesmo polo mesmo traballo ou a que haxa máis recursos para acabar coas violencias que están a atacar e matar a moitas mulleres e que seguen moi presentes na sociedade.
Dentro destes actos, durante a semana que comeza o día 2 nos centros de ensino haberá distintos obradoiros de igualdade.

O venres, día 6, ás 12:00h. haberá unha ‘Batucada Feminista’ do alumnado do IES Pazo da Mercé, na Praza de San Agustín.
Ás 18:30h, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal, inauguración dunha exposición de pintura de ADICAM (Asociación de Diagnosticad@s con Cancro de Mama de Pontevedra), acompañada pola actuación das Pandereteiras Saía de Lá, de Vide.
As obras son arredor de 30 cadros, todos doazóns de colaboradores, co mesmo denominador común: a empatía con ADICAM e a exaltación da imaxe da muller. A exposición estará aberta ata o 25 de marzo.
Sábado, día 7, ás 19:00 h, na Casa da Música, Concerto de Mulleres da Banda de Música Popular de Rubiós.

O luns día 9, ás 16:30h, no IES Pazo da Mercé, proxección de ‘Visións’, do programa da Deputación de Pontevedra ‘Cinema e Muller’.