Este sábado, día 20, ás 19 horas, no local do Vide Vide, o Concello fará un pequeno acto de recoñecemento e agradecemento ao traballo feito por un numeroso grupo de mulleres costureiras das Neves (chegaron a ser 40, de practicamente todas as parroquias e de todas as idades), que durante o confinamento e ata hoxe, dedicaronse a coser máscaras e batas que se distribuían a través do obradoiro organizado por Maite Isla, en Ponteareas.

Alí recolliamos as teas, os filtros e o material xa preparado que era distribuido polas casas das costureiras grazas á colaboración altruísta de Nieves Rodríguez, taxista do noso concello que, a súa vez recollía o material unha vez rematado o traballo,para ser entregado en Ponteareas de novo.



O Concello quere agradecer persoalmente este traballo ao mesmo tempo que facilitar un encontro entre todas elas, xa que moitas non se coñecen entre sí.