Adega moderna pero preocupada por manter as tradicións e o saber facer de anos de cultura vitivinícola, na parroquia de Rubiós. Elabora viños brancos e tintos, todos dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Naceu dunha idea antiga que rondaba a varios veciños da zona que tiñan en mente crear unha adega para vender e promocional os xa coñecidos viños de Rubiós, que o único que precisaban era unha plataforma de saída ao mercado.

A finais do ano 2003, os primeiros socios, un total de 57 persoas, sentaron as bases desta idea e fundaron a Adega Coto Redondo, que na actualidade conta xa con 105 socios, que traballan para colocar aos seus viños no lugar que sempre lle correspondeu, por historia, por tradición e pola calidade dos seus caldos. Tras moito esforzo e traballo nos inicio do 2006, saíron á luz os primeiros viños desta adega.

Na actualidade, comercializa non só viños brancos e tintos, se non tamén licores, augardente e viños espumosos tanto brancos como tintos.

A adega está dividida en varias zonas, destacando o gran espazo adicado ao almacenamento de viño en depósitos de aceiro inoxidable e outra zona na que os viños seleccionados permanecen por un período de tempo determinado en barricas de roble francés.

Ademais de degustar os seus premiados e prezados viños tamén se poden realizar visitas á adega, que actualmente está incluída dentro da Ruta do Viño Rías Baixas.

Un dos premios máis importantes que recibiu no 2015 foi o de mellor viño xove español co seu albariño. Comercializan baixo etiquetas como: Señorío de Rubiós, Nande, Manuel d’Amaro, etc. Non abre días festivos, salvo visita prefixada.