???????? As ‘Ludotecas de Nadal 2020’ do Concello aínda teñen prazas libres e estás a tempo de inscribirte

Nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade

As mesmas están destinadas a nenas e nenos empadroados en As Neves, pertencentes a familias monoparentais ou aquelas que as dúas persoas proxenitoras estean en situación laboral activa, con idades
comprendidas entre os 6 e os 12 anos cumpridos no momento de inicio da ludoteca.

Favorecer a conciliación

O fin desta actividade é favorecer a conciliación, facendo especial fincapé na tarefa de coidado de menores que a miúdo recae nas nais. Así como facer fronte ao impacto da COVID-19 para que as tarefas de coidado non recaian naquelas persoas máis vulnerables, como soen ser as avoas e avós.

Esta actuación ofrece unha alternativa lúdica e educativa á cativada do concello durante o período de vacacións do Nadal.

???? Para saber como facer a inscrición podes premer aquí.