Dende o Concello estamos a facer unha análise da situación actual da internet do noso territorio. Falamos tanto da cobertura móbil como de internet na casa.
As tres grandes operadoras, subministradoras da cobertura móbil, aseguran que nas Neves temos 4G con moi boa intensidade na práctica totalidade dos lugares.
En canto á conexión a internet na casa, non existen datos xerais, pero si se pode consultar o estado de cada enderezo a través das súas páxinas web:


    Movistar https://bit.ly/2yZKU90
    Vodafone https://bit.ly/2RCxia1
 Orange https://bit.ly/2yRYqeC

 

Fase 1: Enquisa xeral


Vives nun lugar a onde non chega o 4G? A túa casa está nun enderezo que ten acceso a ADSL, e en realidade non é así?
Axúdanos a mellorar a información!
Contacta con nós no 630 03 12 35 ou escríbenos a servizos@asneves.gal


Fase 2: Para comprobar a velocidade da conexión, imos medila!


Conexión móbil (datos móbiles ou 3G/4G):


1. Instala a seguinte aplicación gratuíta (Podes usar outra):


• Android (Test de Velocidad Plus): https://bit.ly/2XycJ2m
• iOS (Test de Velocidad): https://apple.co/2VuUzMu


2. Fóra da casa e coa WiFi do móbil apagada, inicia o test de velocidade.


3. Realizado o test, fai unha captura de pantalla e envíaa a 630 03 12 35 ou a servizos@asneves.gal xunto co teu enderezo completo ou ubicación e a compañía telefónica.


 Conexión de internet na casa (ADSL ou fibra, por wifi ou cable):

Podes usar un ordenador, tableta ou móbil que estea conectado por cable ou por WiFi.


O máis fácil é usar o móbil conectado por WiFi e seguir os pasos:


1. Conecta o móbil por WiFi ao router da casa.
2. Fai o test de velocidade preto do router empregando a aplicación anterior.
3. Realizado o test, fai unha captura de pantalla e envíaa a 630 03 12 35 ou a servizos@asneves.gal, xunto co teu enderezo completo ou ubicación e a compañía que subministra internet.