Rematada a reforma dunha das pistas de tenis, o Concello das Neves estrea pista e sistema de reserva para o seu uso.

Os traballos, cun custo total de 21.000 € financiados polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra consistiron na instalación dun novo pavimento coas súas drenaxes, o pintado da pista, a reposición de redes
novas e o arranxo do peche exterior.

A partir deste momento está habilitado un sistema de reserva a través da web reservapistas.asneves.gal, onde se pode escoller un bloque de dúas horas por día dende as 9:00 h ata as 21:00 h. A reserva das pistas será gratuíta ata o día 1 de xullo.

Cando se realiza a reserva a persoa usuaria recibe no seu correo electrónico un recibo cun código e os seus datos que debe ter dispoñible xunto cun documento de identidade cando estea na pista, xa que en calquera momento o persoal municipal poderá solicitarlle documentación de
identificación e da reserva para comprobar que o uso das instalacións é o correcto.

O Concello pretende dinamizar así o uso das instalacións da área deportiva da Caíña, e anuncia tamén a posta en marcha dun novidoso campus chamado DeporteNasNeves Verán 2021, que incluirá, entre outras actividades, o tenis