Blog

11 Dec
0

As Neves conta cun novo camión para a recollida do lixo

O Concello vén de adquirir un novo camión do lixo subministrado pola empresa Ros Roca,  gañadora do proceso de contratación pública, por valor de 113.135€.

As características deste camión foron adaptadas para poder chegar a zonas dificultosas en condicións de seguridade e comodidade.

O vehículo, de marca Isuzu,  pode alcanzar un peso máximo de 13.400 quilos, ten un ancho de 2,20 metros e 240 cabalos de potencia; cumprindo a normativa Euro VI-C. A caixa compactadora é o modelo Olympus Mini de 8 metros cúbicos fabricada en aceiros de alta resistencia, cun índice de compactación de 6:1. Ademais das últimas normativas de seguridade para os operarios.



O camión vén para mellorar o sistema de recollida da fracción resto podendo reducir unha das 6 rutas de recollida actuais e coa posibilidade de pasar a facer a recollida do contedor amarelo de envases. Esta adquisición tamén vai alongar a vida útil do outro camión ademais de avanzar na redución dos niveis de contaminación.

Substituése así o antigo vehículo Nissan que foi declarado como ben non utilizable e dado de baixa a través dun centro autorizado de tratamento.

A adquisición do vehículo alongouse no tempo ata conseguir o financiamento, que finalmente será cuberto completamente con fondos da Deputación de Pontevedra mediante o Plan Revitaliza e o Plan Concellos, polo que  As Neves non tivo que dispor de fondos propios.



Dende hai uns anos o Concello das Neves ten asinado un convenio gratuíto co Concello de Salceda grazas ao que viña utilizando o seu camión unha ou dúas veces por semana. O espírito de colaboración institucional manterase conveniando de novo a colaboración no uso de maquinaria.

Ler Máis
11 Dec
0

ANUNCIO RESULTADOS DEFINITIVOS 1º EXERCICIO E DATA 2º EXERCICIO. PROCESO SELECTIVO AUXILIAR DE BIBLIOTECA

RESULTADOS DEFINITIVOS 1º EXERCICIO E DATA 2º EXERCICIO PROCESO SELECTIVO AUXILIAR DE BIBLIOTECA

Ler Máis
09 Dec
0

As Neves e Salceda renovan o Servizo de Atención Temperá conxunto

Os Concellos de Salceda de Caselas e As Neves veñen de asinar a renovación do convenio de xestión conxunta do gabinete de atención temperá para atención á poboación infantil de 0 a 6 anos, co obxectivo de seguir a dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. 
 
O Alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e a Concelleira de Ensino e Servizos Sociais, Pilar González, visitaron as instalacións onde se desenvolven o servizo de atención temperá nas Neves, acompañados pola alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e a Concelleira de Benestar Social, Gela Ledo.
 
 
Catro profesionais
 
O gabinete do servizo conta cun equipo especializado formado por catro integrantes dos campos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia, e atende dous días á semana nas Neves e tres en Salceda.
 
O servizo está financiado nun 90% pola Consellería de Política Social, a través do Fondo Social Europeo, que concedeu unha partida de 105.383,70 € para 2020. 
 
 
Contacto cos centros educativos e con Pedriatría do Centro de Saúde
 
Neste último ano ofreceuse o servizo a un total de 81 nenos e nenas entre os dous Concellos, derivados dende os servizos de pediatría. Aínda así, lembran que calquera familia pode achegarse a pedir información.
 
O gabinete traballa en contacto constante cos equipos de orientación dos diferentes centros escolares, así como coas pediatras dos centros de saúde, garantindo así a cobertura á maior cantidade de nenos e nenas posible, e analizando as diferentes necesidades de cada quen dende os diferentes sectores.
 
O novo convenio de colaboración asínase para garantir a continuinade dun servizo de grande importancia, como poñen de manifesto tanto o alcalde das Neves como a alcaldesa de Salceda. Conscientes do privilexio que supón contar con un programa coma este, que ofrece un servizo de proximidade, de calidade, gratuíto, e que contribúe  a consolidar o asentamento da poboación no rural.

Ler Máis
07 Dec
0

O xerente da Área Sanitaria de Vigo mantén unha xuntanza nas Neves co Goberno municipal

A pasada semana o alcalde e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas,  mantiveron unha xuntanza nas Neves co novo xerente da Área Sanitaria de Vigo,  Javier Puentes.

Na reunión tratáronse difererentes asuntos relacionados coa xestión do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) no concello e co Centro de Saúde. Neste senso a visita de Javier Puentes serviu para abordar temas de importancia das obras de adaptación das antigas instalacións da Galiña Azul que acollerá a nova consulta de Pediatría.

O alcalde e o xerente tamén trataron do estado administrativo da cesión da propiedade do Centro de Saúde – o paso ao grupo I-; o sistema de citas telefónicas en As Neves;  o lugar de agarda para as e os pacientes dentro do propio centro e, por último, a instalación dun xerador eléctrico para a conservación das vacinas en caso de cortes de luz.

Ler Máis
03 Dec
0

O Plan Concellos 2020 financia actividades culturais, promoción do comercio e emprego

O Concello das Neves ten en marcha durante este ano diversas activades grazas a financiación da Deputación de Pontevedra a través das Liñas 2 e 3 do Plan Concellos 2020.

Ao abeiro da Liña 2: Pagamento de Débedas, Gastos correntes e actividades do Plan Concellos 2020

OBXECTO

IMPORTE

Dinaminización do Comercio Local

13.774,00 €

Memoria das Neves

1.910,79 €

Libro de Historia das Neves

4.598,00 €

Vive nas Neves

18.029,00 €

Ao abeiro da Liña 3: Emprego para a conservación e funcionamento de Bens e Servizos Municipais do Plan Concellos 2020.

POSTOS

DURACIÓN

3 Peóns forestais

2 Peóns de Obras Públicas

1 Conductor

2 Mozos de recollida de lixo-vertedoiro

1 Conserxe

10 Meses xorn. completa

2 Fontaneiros

6,5 Meses xorn. completa

1 Conserxe

5 Meses xorn. completa

Ler Máis
02 Dec
0

Obras de pavimentación no Camiño de Moutada a Pousa, en San Pedro de Batalláns

Están en marcha os traballos de mellora no Camiño de Moutada (A Pousa) en San Pedro de Batalláns,  con actuacións de limpeza da pista e cunetas, pavimentación do camiño, realce de tapas e o pintado para aumentar a seguridade.

O camiño ten un ancho medio de 3,2 m e unha lonxitude de 1.050 metros e paviméntase con aglomerado en quente D-12 de 5 cm de espesor.

O orzamento de licitación é de 48.397,94 euros financiados principalmente por fondos xestionados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ocupándose o Concello das Neves do valor do IVE correspondente.

Ler Máis
01 Dec
0

Aberto o prazo de inscrición para as ‘Ludotecas de Nadal 2020’ das Neves

Dende este martes, día 1, e ata o vindeiro día 11 de decembro (os dous incluidos), está aberto o prazo de inscrición para as ‘Ludotecas de Nadal 2020’ do Concello das Neves financiadas en parte pola Deputación de Pontevedra.

Nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade

As mesmas están destinadas a nenas e nenos empadroados en As Neves, pertencentes a familias monoparentais ou aquelas que as dúas persoas proxenitoras estean en situación laboral activa, con idades
comprendidas entre os 6 e os 12 anos cumpridos no momento de inicio da ludoteca.

Favorecer a conciliación

O fin desta actividade é favorecer a conciliación, facendo especial fincapé na tarefa de coidado de menores que a miúdo recae nas nais. Así como facer fronte ao impacto da COVID-19 para que as tarefas de coidado non recaian naquelas persoas máis vulnerables, como soen ser as avoas e avós.

Esta actuación ofrece unha alternativa lúdica e educativa á cativada do concello durante o período de vacacións do Nadal á vez que se fomentan os valores de igualdade, solidariedade, convivencia e respecto ao medio ambiente e a contorna na que viven.

Horario e duración
Horario:
• Mañás de 10,00 a 14,00 horas
• Tardes de 16,00 a 20,00 horas
Duración: Días 23, 24, 26, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 4, 5, 7 e 8 de xaneiro (límite de 30
participantes).

Emprazamentos das ludotecas
• Escola de Liñares.
• Escola de Rubiós.
• Centro Cultural As Soidades (Santiago de Ribarteme).

Inscrición

A inscrición para solicitude de praza na Ludoteca de Nadal, realizarase nos Servizos Sociais do Concello de luns a venres ou a través do correo electrónico servizossociais@asneves.gal

Podes descargar a solicitude aquí

SOLIC. INSCRICIÓN LUDOTECA NADAL 20 (tramo decembro)

SOLIC. INSCRICIÓN LUDOTECA NADAL 20 (tramo xaneiro)

As solicitudes poderán descargarse na web do Concello ou poderase recoller presencialmente nos Servizos Sociais do Concello.

Asignación de prazas
• Persoas empadroadas no Concello das Neves.
• Persoas que xustifiquen a necesidade por motivos laborais.
• Familias monoparentais.

Perda de prazas
• A falta de presentación de toda a documentación esixida.
• A ausencia inxustificada durante 2 días (a praza adxudicarase á seguinte menor na lista de adxudicación).

Documentación a presentar pola persoa solicitante
• Solicitude de inscrición.
• Ficha da/o menor participante.
• DNI do pai/nai/titor/a.
• DNI da/o menor ou libro de familia.
• Contrato laboral das persoas que conforman a unidade familiar.
• Declaración xurada do horario de traballo.
• Documento xustificativo de ser familia monomarental ou monoparental.
• Tarxeta Sanitaria da/do menor.

Ler Máis
30 Nov
0

Creada a primeira ‘Aula de Informática’ do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé

A Asociación de nais e pais Eira da Liñaza acaba de mercar 12 ordenadores portátiles para o uso do alumnado do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé. O colexio comprou 7, creándose así unha aula de informática con 19 portátiles.

A Anpa Eira de Liñaza puido levar a cabo esta compra grazas á subvención nominativa de 2.000€ que estaba aprobada dentro do orzamento do Concello das Neves para este 2020. Ademais,  dispuxo doutros 2.000€ de fondos propios da asociación.



O fin foi cubrir a necesidade urxente de que o alumnado reciba a formación precisa para facilitar o uso da aula virtual e poder acadar os coñecementos básicos para o uso deste recurso ante posibles confinamentos.

A Anpa non tería que asumir este gasto, sinala a concelleira de Educación, Pilar González Casas xa que “a Consellería de Educación é a responsable de facilitar os medios  e recursos necesarios para levar a cabo as instrucións que, con tanta urxencia, enviou a todos os centros educativos para a  formación do alumnado  no coñecemento da Aula Virtual e o uso de medios informáticos”. Pero “resulta imposible poder formar no uso dun ordenador sen telo. Algo tan evidente non parece que se entenda”.



Xa se enviou á Xefatura Territorial dende o colexio, despois de ser aprobado en Consello Escolar, unha solicitude para dotar e preparar unha aula de informática con todos os recursos precisos para a formación nesta área. “Aínda non se tivo resposta, pero seguiremos insistindo xa que non se entende que o colexio non teña aula de informática e que o alumnado non poida traballar cun ordenador nalgún momento da súa formación”, sinala a concelleira.

Coa compra dos ordenadores tamén se tenta axudar ás familias que non dispoñen destes medios e, ante posibles confinamentos, facilitar que teñan os recursos precisos para realizar as actividades previstas.Ainda así, engade Pilar González, queda moito por mellorar xa que, aínda que xa se dispón de 19 portátiles, a aula precisa dunha instalación eléctrica e de rede informática, gasto que este curso non é posible asumir (xa se gastou todo o dispoñible).


O alumnado poderá traballar cos equipos informáticos comprados pero, como a aula non está preparada axeitadamente, “deberán coidar moito os movementos xa que foi preciso empregar prolongadores e cables varios para pór puntos de acceso á rede eléctrica e internet en cada mesa”, comenta a concelleira.

Á visto de todo isto, “instamos á Xefatura territorial a que asuma a mellora e acondicionamento da creada aula de informática”.

Ler Máis
28 Nov
0

‘Cultura no Outono’: este domingo, no Auditorio Municipal proxección da película ‘As tres caídas de María Santiso’

Dentro da programación de ‘Cultura no Outono’, este domingo, 29 de novembro ás 19:00 h, no Auditorio Municipal, teremos proxección da curtametraxe ‘As tres caídas de María Santiso’, de Melgo Cinema.

Trátase dunha historia na que se abordan catro temas centrais:
familia, rural, fogar e muller; e que convida a reflexionar arredor da evolución e futuro da sociedade rural galega, e sobre os roles tradicionais da muller e do home.

A obra recibiu o Premio do Público a mellor película galega na 41 Semana de Cine de Lugo (2019). Ademais da curta, poderase ver o ‘making of’ e haberá un coloquio co director, Roberto Alvite, e co produtor, Javier Enríquez.

Debido á limitación do aforo, recoméndase realizar a reserva de asentos previamente no enlace: bit.ly/culturaoutono

Ler Máis
27 Nov
0

Un lenzo tecido a man por veciñas das Neves lembra o ‘Día Internacional contra a Violencia de Xénero’

O respecto, a igualdade e tolerancia son o camiño, non o destino. Se cadra, hai que tecelo como fixeron 10 veciñas das Neves, que compuxeron o lenzo que este venres lembraba que o Día contra a Violencia de Xénero non é un so día: son todos.

Máis de 400 aplicacións de ganchillo unidas para dar este pano que estará exposto as vindeiras semanas diante do edificio de Servizos Sociais.

Foi esta concellería a que propuxo hai este “Ganchillo Solidario contra a Violencia de Xénero” que conmemora o 25N. A súa titular, Pilar Gonzalez Casas, acompañada do alcalde e de membros do Goberno local,  agradeceu o espléndido traballo ás voluntarias, nun acto na que sinalou que a sociedade precisa “conciliación e corresponsabilidade”.

A concelleira engadiu que lograr acabar coa violencia de xénero será mérito das mulleres e nos levará a “vivir nunha sociedade que será máis xusta, maís libre e máis igual”.

Ler Máis