Blog

27 Mai
0

FS As Neves e o Nieves FC quedan campións das súas competicións e ascenden de categoría

A Federación Galega de Fútbol vén de publicar a resolución definitiva das competicións nesta temporada.

Como era previsible, e máis que xusto, o Nieves FC e o FS As Neves quedaron campións das súas competicións e acadan o ascenso de categoría.

Noraboa!

Ler Máis
27 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 27/5/2020

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) confirma que As Neves segue cun só caso rexistrado de COVID-19.

Dende o Concello fíxose a reposición de mascarillas hixiénicas reutilizables do modelo adulto e infantil nos establecementos das Neves.

Súmase un novo establecemento á lista de colaboradores.  Actualizamos a lista, xa con 40 puntos de recollida.  

Colocáronse as mamparas de protección para a atención ao público na Casa do Concello e en Servizos Sociais.

Ler Máis
26 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da COVID-19 do 26/05/2020


Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 no concello.

A partir de hoxe, o grupo das costura solidaria organizado polo Concello ten as dependencias de Servizos Sociais como punto de entrega e recollida de material, en lugar de recibilo no seu domicilio.

Lembramos a lista de establecementos onde os veciños e veciñas poden recoller mascarillas de tipo infantil a adulto.

Ler Máis
25 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 25/5/2020

Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 nas Neves.

Fíxose unha compra de mascarillas cirúrxicas para uso do persoal do Concello.

Así mesmo, levouse a cabo a reposición de mascarillas hixiénicas do modelo adulto e infantil nos establecementos das Neves.

O Banco de Alimentos segue recibindo doazóns. Grazas a todas as persoas que están a colaborar.

Lembramos que dende este luns, tanto a Casa do Concello como Servizos Sociais, volven ofrecer o servizo de atención presencial en horario de 9:00 a 14:00 h. Realízase cumprindo coas medidas sanitarias requiridas e só con cita previa.

A cita pode solicitarse telefonicamente:
Casa do Concello: 986 64 80 38
Servizos Sociais: 986 66 71 34 / 689 98 42 10
Ou a través da Sede Electrónica do Concello:   
https://concelloasneves.sedelectronica.gal

Ler Máis
23 Mai
0

Medidas que entran en vigor o luns, día 25 de maio, na ‘fase 2’ da ‘desescalada’

O Goberno do Estado vén de aprobar a entrada de Galicia na ‘fase 2’ da ‘desescalada’ nas medidas de limitación da mobilidade decretadas pola pandemia do Covid-19.

Este é un resumo dos  principais cambios que se aplicarán a partir do luns.

1. Están permitidas as reunións de ata 15 persoas, mantendo sempre as distancias de seguridade.
2. Segue a mobilidade dentro da mesma provincia.
3. Apertura de locais comercias sen poder exceder o 40% do aforo.
4. Hostalaría: Poderán abrir as terrazas (50% aforo) e tamén se poderá atender no espazo interior dos locais (40% aforo), non podendo facer uso da barra.
5. Apertura de hoteis e aloxamentos turísticos, incluídos os espazos de uso común.
6. Asistencia a lugares de culto, ata un máximo do 50% do aforo.
7. Velorios e enterros: Poderán xuntarse ata 15 persoas nos lugares pechados e 55 nos abertos.
8. Mercados ao aire libre: Amplíase o número de postos ata o 33% do aforo.
9. Actos culturais: Permítense actos deste tipo cun máximo de 50 persoas en lugares pechados e 400 ao aire libre. Non excedendo nunca o 33% do aforo do espazo empregado.
10. Permítese a realización de deporte en instalacións pechadas, seguindo unha serie de normas de seguridade e hixiene.
11. Poderán oficiarse vodas cun máximo de 50 persoas nos lugares pechados e 100 nos abertos, non excedendo nunca o 50% do aforo do espazo.

Todas as medidas están recollidas no Boletín Oficial do Estado (BOE), do día 16 de maio, que podes consultar premendo aquí.

Tamén podes consultar a Guía do Ministerio de Sanidade, actualizada o 17 de maio: https://bit.ly/3gjSGMe.

Ler Máis
23 Mai
0

Aberto o prazo de matriculación na Escola Infantil ‘A Galiña Azul’ das Neves

A escola infantil ‘A Galiña Azul’ das Neves terá aberto ata o venres, 29 de maio, o prazo de matrícula para o vindeiro curso.

A presentación das solicitudes realizarase preferentemente de maneira telemática a través dos formularios dispoñibles na web https://sede.xunta.gal.

No caso de renovación de praza, o código do procedemento é BS402F, mentres que para novos ingresos é o BS402A.

Para realizar a matriculación de forma presencial, é necesario solicitar cita previa de 10:00 a 14:00 h no teléfono 986 64 84 27.

Toda a información relativa ao procedemento para a solicitude de matriculación, no artigo 8 do DOG Núm. 94 do Venres, 15 de maio de 2020, que podes consultar premendo aquí.

Ler Máis
22 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 22/5/2020

Sanidade confirma que As Neves segue cun so caso de Covid-19 rexistrado.

O Concello completou a reposición de mascarillas hixiénicas reutilizables, tanto do modelo infantil como do adulto, en diversos establecementos da vila.

Tamén colabora coa Asociación Avelaíña, con 6 pantallas e 6 batas de protección, para o reinicio da actividade na súas sedes. Avelaíña e o Concello teñen asinado un convenio para realizar o servizo de seguimento telefónico a persoas maiores que viven soas, despois de que a declaración do ‘Estado de Alarma’ paralizase os obradoiros sociocomunitarios.

Rematamos coa preparación do espazo que vai ocupar o Servizo de Atención Temperá, dentro do edificio de Servizos Sociais, na volta á actividade a partir do vindeiro luns, día 25 de maio.

Ler Máis
21 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 21/5/2020

Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 nas Neves.

O Concello vén de realizar unha nova compra de mascarillas hixiénicas reutilizables (modelo adulto e infantil) para repoñer nos establecementos aos que a veciñanza pode acudir para recollelas.

Na vindeira semana reiniciarase o servizo de atención temperá, previa cita, nas dependencias de Servizos Sociais.

Realizadas melloras no Mercado municipal para adecualo ás medidas de seguridade e hixiene actuais.

Acometidas, tamén, tarefas de mantemento do Centro de Día.

Ler Máis
20 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 20/5/2020

As Neves continúa cun só caso rexistrado de Covid-19.

Unha xornada máis, fíxose entrega de comestíbeis a familias usuarias Banco de Alimentos.

Avance na comunicación da campaña de promoción e dinamización do comercio local. Moi boa acollida entre todos os establecementos que estiveron abertos durante todo o estado de alarma

Ler Máis
20 Mai
0

O Concello Informa: dende este xoves é obrigatorio o uso de mascarilla

 
Este mércores, o Boletín Oficial do Estado (BOE)-que podes consultar premendo aquí– publica a orde que regula o uso obrigatorio de mascarilla.
 
Esta obriga entra en vigor este vindeiro xoves, día 21 de maio de 2020 e seguirá mentres dure o’Estado de Alarma’ e as súas prórrogas.
 
Que tipo de mascarilla temos que levar?
É apta calquera tipo de mascarilla, preferentemente hixiénica e cirúrxica, cubrindo o nariz e a boca.
 
Quen debe levala?
Están obrigados a usar mascarillas nos espazos indicados todas as persoas de 6 ou máis anos de idade.
 
Esta obriga non será aplicable a:
a) Persoas que presentan algún tipo de dificultade respiratoria que se pode ver agravada co uso dunha máscara.
b) Persoas nas que o uso dunha mascarilla está contraindicado por razóns de saúde debidamente xustificada, ou por razón da súa discapacidade ou dependencia presentar cambios de comportamento que fan inviable o seu uso.
c) Desenvolvemento de actividades nas que, pola súa propia natureza, resulte  incompatible o uso da máscarilla.
d) Causa de forza maior ou situación de necesidade.
 
Onde debe usarse a máscara?
O uso dunha máscara será obrigatorio nas vías públicas, nos espazos exteriores e nas zonas exteriores calquera espazo pechado para uso público ou que estea aberto ao público, sempre que non é posible manter unha distancia de seguridade interpersoal como mínimo de 2 metros.
 

Ler Máis