Blog

19 Abr
0

Un mes de Estado de Alarma

Este é o resumo do traballo realizado no último mes polo Concello.

Estas son as accións impulsadas dende o Concello das Neves o longo do Estado de Alarma: creación de Servizos, iniciativas de participación e servizo de información diaria; que ínclúe os informes da comisión de seguimento da COVID-19, programación cultural e información legal e de seguridade e hixiene.

Poden ver o resumo paso a paso , documento en pdf para descargar

Ler Máis
17 Abr
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 17/04/2019

Este venres realizouse a reposición de material de protección entre os establecementos abertos ao público de todo o concello: 300 mascarillas de tea, 1 caixa de mascarillas desbotables, 9 pantallas e luvas.

Seguirase repoñendo a medida que se acaben e se vaian adquirindo.

Realizado, tamén hoxe, un control do estado das augas da traída municipal, que se atopan en perfectas condicións.

No Centro de Saúde, a atención segue a facerse de xeito telefónico (986 64 83 75). Existe a posibilidade de asistir ao centro ou á unidade de respiratorios do Punto de Atención Continuada (PAC) de Ponteareas, despois dunha avaliación da situación.

Dende o Concello lémbrase, unha vez máis, que se pode chamar ao 900 400 114, ante calquera un dos síntomas da COVID-19 (febre, tose seca e/ou dificultade para respirar).

Lembramos tamén que non é obrigatorio levar mascarilla sempre. Só para acudir ao hospital, ao Centro de Saúde, ao ir mercar, ou ao se se vai ter contacto con poboación de risco. Fagamos un uso responsable do material de protección.

Ler Máis
16 Abr
0

Informe da Comisión de Seguimento da COVID-19 16/04/2019

Seguimos cun só caso de COVID-19 no concello.

O luns, o persoal do Concello irá a Vilagarcía a recoller alimentos para o Banco da Fundación de Amigos de Galicia. Logo serán distribuídos polos domicilios das familias con menores ao seu cargo.
Máis doazóns para o Banco de Alimentos: Peixe conxelado da empresa Mascato de Salvaterra de Miño e bolsas de cacahuetes para nenos e nenas por parte dunha voluntaria.

ABANCA doou 5 mascarillas e Electricidade Condado 16 pantallas.

O Centro de Día mostrou o interese das súas usuarias en participar no equipo solidario de confección de mascarillas.


O Concello está a colabarar  co IES na entrega realizada hoxe de tres ordenadores da Xunta a alumnos do centro, adxudicados segundo os criterios establecidos pola Consellería.


O Servizo de Axuda no Fogar restableceuse en dúas vivendas.

Informamos dos horarios de apertura dos establecementos bancarios a partir da vindeira semana:

  • ABANCA: Martes e venres, de 8:15 h a 14:15 h.
  • Santander: De luns a venres, de 9:00 a 12:00 h.

Ler Máis
16 Abr
0

Preto de 800 mascarillas entregadas e vinte puntos de recollida

O Concello entrega preto de 800 mascarillas e conta con vinte puntos de recollida das mesmas

Diante do aumento da demanda de material de protección individual e as dificultades para cubrir a necesidade que hai do mesmo, tanto nas Neves, coma nos hospitais e centros de saúde, o Concello puxo en marcha unha iniciativa de colaboración veciñal para a confección de batas e mascarillas realizábeis, a partir de tecido de uso sanitario financiado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que aporta a coordinadora do equipo solidario de batas e mascarillas de Ponteareas, Maite Isla.

Para levar a cabo este traballo, o Concello achega os tecidos xa cortados ás casas dos veciños e veciñas que o soliciten, que aportarán o seu gran de area coséndoos. Finalmente, será tamén o propio Concello o encargado de recoller o material rematado.

Son estas mascarillas, elaboradas desinteresada e solidariamente por 35 veciñas e veciños das Neves, as que se entregan dende o Concello a traballadores que están de cara ao público na vila, a persoas que o precisan pola súa situación de saúde, a persoal de risco e aquel que realiza labores esenciais -transporte, limpeza, atención farmacéutica e sanitaria ou alimentación-.

Son estas persoas e colectivos os que teñen prioridade no reparto porque necesitan salvagardar a súa seguridade, dado que garanten o funcionamento de sectores e servizos básicos.

750 mascarillas entregadas e 20 puntos de recollida nas Neves

O Goberno local está a facer todo o posible para que dispoña de mascarillas toda aquela persoa que o precise e, neste senso, agradece e aprecia o grande esforzo das nosas veciñas e veciños que están a coser as mesmas.

Ata hoxe xa se fixeron chegar ás persoas que as necesitaban un total de 750 mascarillas, delas 450 son de tea e outras 300 máis cirúrxicas. As mesmas poden recollerse nuns vinte puntos de todo o concello entre eles:

  • Nas farmacias das Neves
  • Centro de Saúde
  • Gasolineira das Neves
  • Librería do Xes
  • Panadería Lembranza
  • Ferretería Bisal
  • Piensos González e González
  • Estancos das Neves e Vide
  • Panadería Fdez. Rivero
  • Agro Acuña
  • García Araújo ( Carboeiro)
  • Agro Pousa
  • Supermercados das Neves, Vide, Rubiós e Taboexa
  • As tendas da Estación e do Ravelo

Ler Máis
15 Abr
0

Informe da Comisión de Seguimento da COVID-19 do día 15/04/2020

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirma que nas Neves seguimos cun so caso positivo por coronavirus que segue a evolucionar moi favorablemente.

Este mércores recibiuse no Concello o seguinte material por parte da Xunta: dúas botellas de lixivia de 2 litros e outra de 1 litro; 3 desinfectantes, 3 batas, 2 monos, 3 caixas de luvas e 5 caixas de mascarillas.

O Centro de Saúde, as farmacias e o persoal de Atento, agradecen ao Concello o material de protección facilitado (luvas, batas e mascarillas).

Lembramos que para facer uso do Servizo de Axuda a Familias con fillas e fillos en idade escolar, e adquirir o material necesario para seguir as clases dende casa, é necesario solicitalo chamando a Servizos Sociais -nos teléfonos 986 66 71 34 e 689 98 42 10-.

O Concello vai colaborar co IES Pazo da Mercé para facerlle chegar tres ordenadores ao alumnado.

Agradecemos a doazón de 15 pantallas de protección de ‘Talleres La Almudena’, de Taboexa.

Ler Máis
15 Abr
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 14/04/2020

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde (Sergas), nas Neves segue a haber un só caso positivo de Covid-19 que, ademáis, evoluciona moi favorablemente.

A día de hoxe hai un grupo de 35 veciñas e veciños de todas as parroquias confeccionando batas e mascarillas de tea.

Comezou a distribución das mesmas por todos os establecementos abertos do concello (farmacias, Centro de Saúde, supermercados ou tendas), para que as solicite calquera persoa que as precise.

O Banco de Alimentos segue recibindo unha gran cantidade de alimentos doados polos veciños e veciñas. Estase a distribuir entre aquelas familias que o precisan, completando ademais co que xa dispuñamos e con outros produtos que mercamos nos supermercados das Neves.

Este mércores, un psicólogo de ACEESCA, iniciará o seguimento a aquelas familias con fillos con TEA, TDAH, etc.

Dende o Concello reiteramos, un día máis, o noso agradeemento a todas as persoas que colaboran desinteresadamente nas iniciativas de partcipación veciñal.

Ler Máis
14 Abr
0

Análise da internet nas Neves

Dende o Concello estamos a facer unha análise da situación actual da internet do noso territorio. Falamos tanto da cobertura móbil como de internet na casa.
As tres grandes operadoras, subministradoras da cobertura móbil, aseguran que nas Neves temos 4G con moi boa intensidade na práctica totalidade dos lugares.
En canto á conexión a internet na casa, non existen datos xerais, pero si se pode consultar o estado de cada enderezo a través das súas páxinas web:


    Movistar https://bit.ly/2yZKU90
    Vodafone https://bit.ly/2RCxia1
 Orange https://bit.ly/2yRYqeC

 

Fase 1: Enquisa xeral


Vives nun lugar a onde non chega o 4G? A túa casa está nun enderezo que ten acceso a ADSL, e en realidade non é así?
Axúdanos a mellorar a información!
Contacta con nós no 630 03 12 35 ou escríbenos a servizos@asneves.gal


Fase 2: Para comprobar a velocidade da conexión, imos medila!


Conexión móbil (datos móbiles ou 3G/4G):


1. Instala a seguinte aplicación gratuíta (Podes usar outra):


• Android (Test de Velocidad Plus): https://bit.ly/2XycJ2m
• iOS (Test de Velocidad): https://apple.co/2VuUzMu


2. Fóra da casa e coa WiFi do móbil apagada, inicia o test de velocidade.


3. Realizado o test, fai unha captura de pantalla e envíaa a 630 03 12 35 ou a servizos@asneves.gal xunto co teu enderezo completo ou ubicación e a compañía telefónica.


 Conexión de internet na casa (ADSL ou fibra, por wifi ou cable):

Podes usar un ordenador, tableta ou móbil que estea conectado por cable ou por WiFi.


O máis fácil é usar o móbil conectado por WiFi e seguir os pasos:


1. Conecta o móbil por WiFi ao router da casa.
2. Fai o test de velocidade preto do router empregando a aplicación anterior.
3. Realizado o test, fai unha captura de pantalla e envíaa a 630 03 12 35 ou a servizos@asneves.gal, xunto co teu enderezo completo ou ubicación e a compañía que subministra internet.

Ler Máis
13 Abr
0

Informe da Comisión de Seguimento da COVID-19 do luns 13/4/2020

O Servizo Galego de Saúde informa de que o número de persoas contaxiadas nas Neves segue a ser de un.

Este sábado pasado, día 11, fíxose entrega de desinfectante de mans nos supermercados do concello para o uso das persoas que van a facer a compra.

Como se ven facendo dende hai días, o Concello realizou unha nova reposición de mascarillas e luvas para a distribución entre a poboación de risco.

Na mesma liña, efectuouse unha nova recollida de batas e mascarillas confeccionadas polas nosas veciñas e veciños, que foron entregadas ao taller de Maite Isla.

Dende o Concello agradecemos este excelente traballo que fixo posible que hoxe mesmo levaramos ao redor de 400 unidades.

Seguen as tarefas de desinfección das zonas máis transitadas das Neves. É a terceira vez que se fan con tractor e a cuarta en total, incluíndo unha realizada a man.

De novo, a gratitude do Concello ás persoas que están a colaborar co Banco de Alimentos.

Ler Máis
12 Abr
0

Tempo na casa durante a crise polo COVID-19

Diante da pandemia do COVID-19, debemos contribuír a conter a expansión do virus atendendo as indicacións das autoridades sanitarias e cumprindo as obrigas derivadas da aplicación do RD 463/2020.


Van ser días longos, nos que se xerará estrés e malestar psicolóxico. Por iso é aconsellable que sigamos unhas pautas para frear ou atenuar os efectos negativos deste período de confinamento.

Velaquí un breve programa a modo de suxestión:


1. Evitar o exceso de información


Só nos informaremos nun momento concreto do día (de mañá, de tarde ou de noite). O resto do tempo ocuparémolo en actividades non relacionadas co tema.


2. Pensamento positivo


Debemos esquecer que non nos deixan saír e centrarnos en que estamos facendo un ben para a sociedade.


3. Utilizar a tecnoloxía.


Manter o contacto coas persoas que máis queremos cos medios tecnolóxicos que temos ao noso alcance.


4. Manter unha actitude activa


Complementar o tempo diante dunha pantalla con exercicios que nos permitan manter unha certa actividade física.


5. Planear unha rutina diaria


Deseñada por nós. Debe incluír un horario de traballo/estudo, orde/limpeza da casa, comidas, exercicio e descanso.


6. Axudarse mutuamente


Reunirnos e tomar conciencia das dificultades que poden supoñer estes días a nivel psicolóxico. Acordar que imos colaborar e apoiarnos para pasalos do mellor xeito posible.

Neste tempo na casa, podemos aproveitar para parar e pensar. É unha boa ocasión para crear redes de solidariedade veciñal a través dunha reflexión conxunta sobre o modelo social que desexamos:


• Este é o modelo social no que nos gustaría vivir?
• Cales son os piares básicos do modelo social que queremos?


Propoñemos unha serie de temas para a reflexión e para compartir suxestións de películas, libros, etc. que nos axuden a afondar sobre eles.
Como punto de partida incluiremos exemplos de películas e/ou documentais en cada un dos temas para dar pé a facer o que se adoita chamar cinefórum, pero desta volta, na casa.


Os temas e algúns filmes que encaixan en cada un deles son os seguintes:

1. Ecoloxismo e Soberanía alimentaria.

  •  Comprar, tirar, comprar (Documental, Cosima Dannoritzer, 2010).
    Podes velo aquí: https://bit.ly/2XrvVi9
  •  Home (Documental, Yann Arthus-Bertrand ,2009)
    Podes velo aquí: https://bit.ly/3efRAQz
  • As Encrobas (Documental, Xosé Bocixa, 2007)
  • En todas as mans (Documental, Diana Toucedo, 2015)


2. As migracións.

  •  Galego (Longametraxe, Manuel Octavio Gómez, 1988)
  •  El tren de la memoria (Documental, Marta Arribas e Ana Pérez, 2005) Podes velo aquí: https://bit.ly/2yVbxvN
  •  Refugiado (Longametraxe, Diego Lerman, 2014)
  •  Adú (Longametraxe, Salvador Calvo, 2020)

3. Educación e Non violencia.

  •  Unitarias. Historia dun mestre galego (Documental, Jorge Algora, 2015) Podes velo aquí: https://bit.ly/Unitarias
  •  Profes: La buena educación (Longametraxe documental, Giovanna Ribes, 2016) Podes vela aquí: https://bit.ly/PROFES
  •  Profesor Lazhar (Longametraxe, Philippe Falardeau, 2011)
  •  La vida es bella (Longametraxe, Roberto Benigni, 1997)



4. Feminismo e Diversidade.

  •  Tódalas mulleres que coñezo (Documental, Xiana do Teixeiro, 2018)
  • Quiero ser como Beckham (Longametraxe, Gurinder Chadha, 2002)
  •  Pride (Longametraxe, Matthew Warchus, 2014) Podes vela aquí:  https://bit.ly/3cfTIWF
  • Elisa y Marcela (Longametraxe, Isabel Coixet, 2019)


Agora tócache a ti opinar e compartir as túas propostas de filmes, libros, conferencias, etc., ou mesmo aportas textos propios nos que expreses a túa visión do tema do que falamos.


Anímate e participa deixando o teu comentario nas nosas redes sociais!

Ler Máis
09 Abr
0

Primeiro caso de coronavirus nas Neves

 

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informa do primeiro caso de contaxio por COVID-19 nas Neves. Trátase dunha persoa de máis de 70 anos, á que se fixo a proba no ‘Covid-Car’ do Hospital do Meixoeiro.

Permanece ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde se atopa en bo estado. Os seus familiares non presentan síntomas da enfermidade.

Ler Máis