Blog

25 Out
0

Recuperación da contorna do río Xuliana

Hoxe, luns 25 de outubro, comezan os traballos de execución dun proxecto para recuperar e poñer en valor o patrimonio do antigo sendeiro que podería denominarse como “Ruta dos Muíños da Ribadeira”.

Trátase dun tramo que conta con 13 muíños ao longo de 3,5 quilómetros polas marxes do nacemento do Río Xuliana.

Os traballos, por un importe total de 40.000 €, serán co-financiados polo Concello das Neves e a Consellería de Turismo, dentro das axudas de mellora das infraestruturas turísticas.

Ler Máis
22 Out
0

Convocadas as axudas COVID do Concello das Neves

Este venres o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) publica as “Bases e convocatoria de axudas a sectores da hostalería, comercio e outras pequenas empresas ante os efectos económicos da Covid-19” do Concello
das Neves.

O período subvencionable abrangue dende o 14 de marzo de 2020 ata o 15 de octubro de 2021 e o prazo para a presentación de solicitudes para participar no presente procedemento será de quince (15) días hábiles contados dende o día seguinte hábil ó da publicación do extracto
da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (dando comezo o día 25 de outubro e rematando o 15 de novembro).

Podes consultar as condicións para a solicitude premendo aquí  e descargar o anuncio de prazos os anexos II e III , aquí

 

Ler Máis
19 Out
0

As Neves celebra a ‘Semana da Biblioteca’

O día 24 de outubro é o Día da Biblioteca, e este ano nas Neves queremos celebralo.

• Na semana do 18 ao 23 de outubro, o horario de apertura da Biblioteca Municipal pasa a ser de mañá: Luns a sábado de 10:00 h a 14:00 h.

• Realizaranse visitas guiadas a todo o alumnado do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, coma a de onte, e achegar así a biblioteca ás nenas e nenos do centro, que ademais de coñecer as súas instalacións e os servizos que ofrece, gozarán de actividades de lectura.

Teatro

• O sábado día 23 ás 12:00 h teremos unha obra de teatro para público familiar nas instalacións da propia Biblioteca Municipal.

Será a peza “U-la lúa?” da compañía A Xanela do Maxín.
Se o tempo o permite, realizarase no exterior. Acceso libre ata completar capacidade

Ler Máis
15 Out
0

Un ano máis, ‘Voluntariado das Neves’ fai público o estado da conta ‘As Neves Zona 0’

Cúmprense catro anos dos lumes de 2017 e seguindo co seu compromiso,  ‘Voluntariado das Neves’ fai público o estado da conta de ‘As Neves Zona 0’.

Confiamos en ter cumprido co noso obxectivo de apoio aos Servizos Sociais do Concello no inicio da pandemia e sempre de acordo con eles e coa Concellería de Servizos Sociais, levamos a cabo unha nova reestruturación dos fondos dispoñibles coa intención de cumprir, na medida do posible, cos obxectivos iniciais deste proxecto.

Grazas inmensas a todos e todas os voluntarios e voluntarias, que seguides colaborando no día a día por regalarnos o máis valioso que tedes, o voso tempo,este ano moi especialmente ás nosas voluntarias costureiras.

Coma sempre, estamos á vosa disposición en voluntariadoasneves@gmail.com

 

CONTAS 151021_descargar archivo aquí

Ler Máis
15 Out
0

Seis territorios de Galicia, xuntos nas Neves, contra o abandono dos montes

Ante o abandono do monte, a inacción do home e o deterioro do chan xorde o proxecto “Son de Monte” impulsado por seis Grupos de Desenvolvemento Local (GDR) de Galicia, que se unen nesta iniciativa ao entenderen que o aproveitamento dos recursos naturais é o mellor xeito de coidar os montes e o rural galego.Somos unha afirmación de optimismo que quere ser bandeira dunha vida digna no rural”.

Este proxecto de cooperación financiado polo Programa Leader Galicia 2014-2020 bota andar cunha serie de xornadas, unha delas a celebrada hoxe nas Neves, que se prolongarán durante este ano e o vindeiro para poñer en marcha diferentes experiencias nas que cada GDR traballará nunha temática concreta de xestión do monte.

Así, mentres o Condado Paradanta se centra nas estratexias de recuperación dos montes queimados, tanto dende a vertente de danos materiais como na repercusión social e emocional, o Eurural traballará coas comunidades educativas en crear unha guía didáctica de concienciación cos montes, Limia Arnoia na posta en valor de determinadas especies para o seu aproveitamento forestal, Mariña Betanzos na posta en valor do monte dende o punto de vista paisaxístico, Seitura 22 no aproveitamento agroforestal para sistemas ecosostibles e Vales Orientais de Lugo no aproveitamento do colmo das súas tradicionais pallozas.

Hoxe, en Taboexa

Todo isto expúxose esta mañá no Centro de Interpretación do Patrimonio e Cultural de Taboexa, nunha xornada na que participaron unhas 40 persoas procedentes destas seis zonas da Comunidade e na que deron a benvida o presidente da Comunidade de Montes de Taboexa, Óscar González; o presidente do GDR Condado Paradanta, Pablo Castillo e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez.

O xerente do GDR Condado Paradanta, Paco González, foi o encargado de presentar o proxecto e os seus obxectivos remarcando “a unión dos diferentes grupos por un ben común, a posta en valor dos nosos montes”, concienciando nos diferentes usos “recreativos, deportivos, micolóxicos, paisaxísticos… máis alá do forestal”. Incidiu en que “traballaremos conxuntamente nesta problemática, cada un dende unha perspectiva diferente, para acadar a creación dunha rede de centros de valorización do monte e dunha guía de boas prácticas en cada unha desas seis temáticas”.

Plantación na lembranza dos lumes de 2017

Coincidindo a data de hoxe co dos lumes devastadores de outubro de 2017 procedeuse a, dun xeito simbólico, plantar seis árbores, especies autóctonas: loureiro, carballo, abeleira, castiñeiro, acevo e cerdeira.

A continuación os participantes na xornada fixeron unha andaina e visita guiada aos petróglifos da Coutada, na mesma parroquia de Taboexa, os cales precisamente se descubriron logo dos lumes e foron recuperados e postos en valor cun proxecto do Concello das Neves financiado polo Programa Leader Galicia 2014 – 2020.

Previa á saída houbo dúas palestras, nunha o psicólogo Xavier Macías e a mestra Sabela Lahuerta falaron do proxecto de voluntariado Zona Cero, que logo de catro anos continúa a día de hoxe sobre todo moi vinculado a iniciativas coa comunidade educativa.

Na segunda, a enxeñeira técnica agrícola Alejandra González presentou outro proxecto, nado precisamente a raíz do grupo de voluntariado, relacionado coa rexeneración ambiental e a concienciación social, a través do cal se fan sendas botánicas e plantacións nos centros educativos, entre outras accións de posta en valor dos montes.

Ler Máis
14 Out
0

Despregue de fibra óptica de Telefónica nas Neves

Nestes días telefónica instala fibra nalgúns barrios e o Concello das Neves busca solucións para mellorar a conectividade xa que as actuais non son suficientes.

A actual instalación que se está a levar a cabo debe estar rematada antes de finais de 2021 xa que o traballo é totalmente subvencionado por Goberno español dentro dese prazo máximo.

 

A instalación é nos seguintes lugares:
• ABELLEIRA 11 casas que poderían conectarse
• BATALLA 3
• CUSTEIRA 8
• MOUTADA 3
• OUTEIRO 10
• SOUTO 9
• FRAGUA 6
• GUILLE 3
• SANTA EULALIA DE BATALLÁNS 36
• COTO 3
• PAZO 12
• POUSA 9

????Esta instalación cubre a maior parte dos barrios de San Pedro e Santa Eulalia de Batalláns pero deixa outros fora, algo inexplicable dende a visión do Goberno municipal.

????Por iso, o Concello traballa xa con outras empresas interesadas en estender a fibra óptica ou mellores posibilidades de conexión móbil.

???? Rede Aberta e o Concello acordarán nas vindeiras semanas un plan de despregue de fibra o máis amplo posible, que de servizo a zonas onde hai maior concentración de clientes pero tamén ao resto dos barrios; que de servizo as empresas e aos centros públicos.

Fai xa uns meses o Concello das Neves concedeu licencia para a instalación dunha antena de telefonía da empresa Fibralar que permitirá mellor conexión móbil a prezo competitivos.

Ler Máis
13 Out
0

II Xornada ‘Son de Monte’, este venres, día 15 nas Neves

O Grupo de Desarrollo Rural (GDR) do Condado Paradanta organiza este venres, día 15 de outubro, nas Nenes, as segundas xornadas SondeMonte nas que seguirá coa presentación das súas iniciativas.
 
Será un día especial, aberto ao público, no Centro de Interpretación do Patrimonio e Cultural de Taboexa, coincidindo cos catro anos dos incendios nas Neves, no que se falará deste proxecto de cooperación que ten coma obxectivo o aproveitamento dos recursos naturais, o coidado do monte e a concenciación social.
 
A xornada rematará coa plantación de árbores e cunha visita guiada aos petróglifos da Coutada.
 
Lembra: 
???? Centro de Interpretación do Patrimonio e Cultural de Taboexa
⏰ De 10.00 a 14.00 h
✍️ Inscríbete xa en ???? https://sondemonte.gal

Ler Máis
13 Out
0

Asemblea aberta da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado

Este xoves, 14 de outubro ás 20:00 h, vai ter lugar no Auditorio Municipal das Neves unha Asemblea Aberta da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado para falar sobre a situación actual dos servizos sanitarios da Comarca.

Dende o Concello convídase a participar na mesma e expoñer os problemas e carencias na atención sanitaria que teñen que soportar as nosas veciñas e veciños.

Ler Máis
08 Out
0

ITV de vehículos agrícolas

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de AGRÍCOLAS, desprazarase ao concello das Neves.

Estarán na vila os seguintes días no aparcadoiro da rúa Esperanza:

• Xoves 18/11/2021, de 09:00 a 13:30 a 18:00h.

• Venres, 19/11/2021 de 9:00 h a 13:30 h

• Luns 22/11/2021 de 9:00 h a 13:30 h, e de 15:15 h a 18:00 h.

Para solicitar cita previa:
• Por teléfono: 902 30 90 00.
• A través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa

Ler Máis
07 Out
0

Todo a punto para a XV Festa do Tinto Rías Baixas nas Neves, este é o programa

As Neves inicia este domingo, día 10, as actividades da XV Festa do Tinto das Rías Baixas, que terá o seu día central o martes, 12 de outubro. A festa recupera, case na súa totalidade, o seu formato habitual, logo das restricións do ano pasado, seguindo as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias, e extremará o respecto á separación de seguridade, os aforos e a desinfección de mans, pedindo a colaboración dos asistentes.

Este 2021 será posíbel volver a gozar da natureza, as actividades para nenas e nenos,a música, o deporte, obradoiros, as novas propostas e, por suposto, do viño e da gastronomía.

Este domingo, día 10, de 09:30 a 13:00h. será o tempo da ‘Andaina do Requeixo e do Tinto’, que sairá dende a Praza do Concello e percorrerá parte do Concello. As persoas interesadas en coñecer parte da nosa natureza e paisaxe poden inscribirse en: turismo@asneves.gal.

Xa pola tarde, ás 19:30h. na Casa da Auga Chan de Vide, presentación da Adega Chan de Vide.

Martes, 12 de outubro

O martes, 12, será o ‘día grande’ do Tinto das Rías Baixa, cun programa que empezará ás 11 da mañá coa apertura da festa; seguirá ao mediodía o Concerto da Coral Polifónica Santa María das Neves. Ás 12:30, terá lugar a recepción de autoridades na Casa do Concello, previa ao pregón, previsto para as 13:00h., a cargo de Pablo Méndez, Premio Xove Empresario de Galicia 2021, e Sara Vila, Premio Illa Nova de Narrativa 2021.

Será ás 13:30h. cando actuará o grupo Os Monifates, dando paso ás 14:30h. á presentación da Adega Chan de Vide e, de seguido, ás 15:00h. a música de Cé Orquestra Pantasma.

Xa polo serán, ás 17:00h. chegará o espectáculo infantil ‘Brinca Vai!De aquí acolá’, de Paco Nogueiras. Dende esa mesma hora e ata as 20:00h., haberá unha ‘Xornada de Cultura Urbana’, na Praza do Concello, con obradoiros de Graffiti, Skateboard, Danzas Urbanas e Stencil.

O día rematará ás 20:00h. co Concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.



A programación desta XV Festa do Tinto Rías Baixas, terá o seu peche o xoves, día 14, coa ‘Cata Profesional’ para as adegas participantes cos expertos internacionais David Schwarzwälder e Yvonne Heistermann.

Ler Máis