Blog

26 Feb
0

As obras de reforma e mellora das instalacións da escola infantil de Taboexa estarán rematadas este mesmo mes

A Concellería de Ensino das Neves agarda rematar este mes as obras de Escola de Educación Infantil de Taboexa,  no que aumentou o número de alumnas e alumnos, na que xa fora instalada a nova calefacción-que leva semanas en funcionamento-, logo de realizar un investimento de 1.500€.

Coma sinala a concelleira de Ensino, Pilar González Casas, xa se retiraron as reixas que ‘afeaban’ o edificio, a reforma do patio está acabada e recuperouse o soportal e nuns días tamén estará rematado o ‘areeiro’, no que as nenas e nenos poden xogar, especialmente os días nos que a choiva impide que o usen o patio.

Estes traballos súmanse aos de rehabilitación, aviado e instalación do parque da Escola de Educación Infantil de Rubiós, que abrangueron a reposición, reparación e revisión de pezas, pintado de estruturas, recuperación da varanda e substitución de táboas rotas, ademais de aviar os soportais exteriores e substituír as pezas dos baños, por un importe total de 4.186,60€.

O parque, situado a carón da nova Casa da Música, ademais está aberto para uso de todas as veciñas e veciños da parroquia e o Concello xa ten orzamento para a habilitación dun novo ‘patio interior’ na propia escola.

Galiña Azul

Os traballos para situar o novo centro na antiga casa do conserxe do Colexio Marquesa do Pazo da Merced están moi adiantados e se agarda que estean rematados en poucas semanas de xeito que as rapazas e rapaces poidan trasladarse axiña.

Esta nova escola, prevista para acoller, en principio a 20 nenas en nenos, terá unha superficie de máis de 160 metros cadrados, disporá dunha parcela de máis de 400 e estará co-financiada pola Xunta de Galicia. O custo total da mesma será duns 300.000€ dos que a administración galega aportará 225.000, o 75%, e o Concello de As Neves, os outros 75.000- o 25%.
 

Ler Máis
25 Feb
0

Xornada de portas abertas do Ceip das Neves

O Concello das Neves informa que o Ceip Marquesa do Pazo da Mercé das Neves terá mañá unha xornada de portas abertas a partir das 12:30.

O centro mostrará as súas visitas todas as súas cualidades.

Pulsa na enlace:

Cartaz da Xornada de Portas Abertas

Ler Máis
25 Feb
0

Axudas para fillas e fillos menores de 3 anos

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO PARA FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS PARA O ANO 2020

PERSOAS BENEFICIARIAS

As persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 01.01.2017 e o 31.12.2017, ambosos dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen aunidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período,nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso. Serán igualmente beneficiarias desta prestación, as fillas ou fillos adoptados ou acollidos medianteresolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 01.01.2017 e o 31.12.2017.

FORMA PARA PRESENTAR A SOLICITUDE

1. Por vía electrónica a través do formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xuntade Galicia, https://sede.xunta.gal.

2. Presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora doprocedemento administrativo común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDE:

Data de inicio: 21.XANEIRO.2020

Data de remate: 10.MARZO.2020

DOCUMENTACIÓN

1. Formulario normalizado

2. Documentación complementaria:

a) Copia do libro ou libros de familia nos que consten todas as fillas e fillos da persoa solicitante ou certificación de nacemento do rexistro civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.

b) Xustificante de empadroamento conxunto de todos os membros da unidade familiar. Estes xustificantes deberán ter unha antigüidade máxima de 6 meses.

c) No caso de nulidade, separación ou divorcio: a copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do correspondente convenio regulador.

d) Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma, de ser o caso.

e) Anexo II debidamente cumprimentado e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento deberá xustificarse aportando a documentación que figura na letra c) deste artigo ou certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de PolíticaSocial, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

Ler Máis
15 Feb
0

A Concelleira de Ensino das Neves urxe á Xunta a acometer obras e melloras pendentes nos centros educativos da vila

A Concelleira de Ensino das Neves, Pilar González Casas, entrevistouse co xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, para revisar os distintas temas pendentes en relación cos estudantes e os centros de ensino da vila.

Traballos rematados polo Concello

A Concelleira lembra que dende o Concello acometéronse distintos traballos de mellora nos centros educativos , coma o de substitución e reposición da totalidade do chan dos campos de deporte do CEIP da Marquesa do Pazo da Mercé “que estaban moi deteriorados”; rematáronse as obras na Escola Unitaria de Rubiós, eliminando os problemas de humidade do edificio, ademais de colocar illamento térmicos nas aulas, un novo lavabo e o cambio do chan. “Os traballos abrangueron o cambio de radiadores, a montaxe de fiestras dobres, conservando as xanelas de madeira e fixando unhas novas metálicas corredoiras e un novo illamento e falso teito na aula principal”, sinala Pilar González.

Na Escola de Taboexa cambiouse o acceso e a entrada dos baños; fixeronse melloras no patio e colocouse un novo valado de madeira para protección e delimitación da zona de xogos infantís.

Obras que debe acometer a Xunta de Galicia

Como sinalou na xuntanza a concelleira ao delegado de Educación, están pendentes a substitución das persianas do CEIP da Marquesa do Pazo da Mercé, “que son as mesmas que tiña hai máis de catro décadas, cando se inaugurara o centro”, do que o actual alcalde foi un dos primeiros alumnos, o mesmo que as fiestras, que non se cambiaron nunca. Nesta liña, e segundo acordaran o Concello e Educación hai algo menos dun ano, é necesario acometer o pintado integral exterior do edificio que presenta un estado envellecido e descoidado.

A concelleira tamén  lle lembrou ao delegado a urxencia de ampliar os horarios de atención do/a orientador/a das Escolas de Educación Infantil (EEI) de Taboexa e Rubiós, “logo do aumento de nenas en nenos matriculados”, dado que ata hoxe o orientador so vai un día de cada 15.

Ler Máis
11 Feb
0

ASUNTO: PROCESO SELECTIVO PARA PROVER A PRAZA DE AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL VACANTE NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DAS NEVES, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2018 – ANUNCIO DATA, HORA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DO SEGUNDO EXAME

Ler Máis
10 Feb
0

O Concello das Neves contratará ao longo deste ano ata a 28 persoas a xornada completa

O Concello das Neves contratará de xeito temporal e durante este 2020 ata 28 persoas. “Tódolos contratos, tal e coma se comprometera o Goberno local, serán a xornada completa e a maioría dende o momento da contratación ata final de ano”, sinala o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, quen dirixe tamén a Concellería de Emprego.

Os postos a cubrir serán: 1 Oficial de obras; 1 Oficial forestal; 1 Auxiliar de biblioteca, 1 Condutor/a-Tractorista; 2 Socorristas de piscinas (por un período de 3 meses); 3 Condutores/as motobomba (tamén por 3 meses); tamén a xornada completa subvencionados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra: 2 Peóns de obras públicas; 3 Peóns forestais; 1 Condutor/a; 1 Conserxe; 2 Mozos/as recollida de lixo e 2 fontaneiros ( durante 7 meses).

A través doutros plans contrataranse a xornada completa e durante un período de 9 meses: 2 Peóns de construción e 5 Peóns forestais. “A nosa intención-sinala o alcalde- é optar, ademais, a outros programas de xeito que poidamos contratar a un ou unha técnico de turismo e a unha mestra ou mestre composteiro. A esta iniciativa súmanse outras coma a de apoiar diferentes modelos de prácticas educativas e a posta en marcha de accións formativas propias”.

Ler Máis
09 Feb
0

Solicitude de tratamento do cancro do castiñeiro

A Consellería do Medio Rural está levando a cabo a expansión das cepas hipovirulentas por toda Galicia para evitar que prolifere o cancro do castiñeiro.

As persoas propietarias poden autorizar á Consellería do Medio Rural, a realizar dito tratamento nas parcelas, da súa propiedade.

Na solicitude (modelo ao final do texto) comprométense a :
1. Aportar a documentación que acredite a propiedade dos predios solicitados, si se lle é requirida.

2. Manter as masas de castiñeiro na parcela onde o tratamento foi realizado durante polo menos 5 anos, logo da súa realización.

3. O tratamento estará condicionado á presenza da enfermidade producida polo fungo Cryphonectria parasitica.

4. A elección das árbores a tratar, realizarase por parte dos técnicos responsables do tratamento, e será executada para obter unha boa distribución en Galicia dos pes tratados e así conseguir a dispersión natural das cepas hipovirulentas.

5. O tratamento é gratuíto.

6. Os castiñeiros terán un diámetro mínimo de 25 cm. para poder ser realizado o tratamento.

7. O tratamento realizarase na campaña do ano 2020, sempre e cando as ubicacións solicitadas se axusten ao Plan de Actuación de dispersión de cepas hipovirulentas de Cryphonectria parasitica para o ano 2020 que se está realizando en Galicia.

LUGARES DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Xefaturas Territoriais, Servizos Provinciais de Montes, Oficinas Distritos Forestais, Oficinas Agrarias Comarcais.
No correo electrónico: sanidadeforestal.cmrm@xunta.gal


Pode encontrar información ao respecto na páxina web da Consellería do Medio Rural:
https://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/silvicultura/sanidade_forestal/

Modelo de solicitude para descargar

SOLICITUDE_TRATAMENTO_EXPERIMENTAL_DISTRIBUCION_CEPAS_HIPOVIRULENTAS_2020

Ler Máis
06 Feb
0

RELACIÓN DE ASPIRANTES QUE SUPERARON O 1º EXERCICIO TIPO TEST DA SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL VACANTE NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO AS NEVES

Ler Máis
05 Feb
0

Rapazas e rapaces das Neves súmanse a ´Quilómetros de Solidariedade´ de ´Save the Children´e camiñan en solidariedade coas nenas e nenos Rohingya

Un total de 175 alumnas e alumnos do CEIP As Neves e das Escolas Unitarias de Taboexa e Rubiós, celebraron este mércores o ‘Día Mundial da Paz’, previsto para o pasado 30 de xaneiro e que fora adiado polo mal tempo.

As rapazas e rapaces, xunto con familiares e profesores, fixeron a súa ‘Marcha solidaria’, dende a a rotonda do antigo Montesol, ata o centro de As Neves, en apoio a ‘Quilómetros de Solidariedade’, impulsado pola ONG ‘Save the Children’ a prol das nenas e nenos Rohingya.

Preto dun millón de persoas desta etnia musulmán-a metade nenas e nenos- tiveron que saír do seu país de orixe, Myanmar, e viven en situación inhumana no campamento de refuxiados de Cox Bazar, en Bangladesh. Neste lugar, o maior campo de refuxiados do mundo, soportan unhas condicións terríbeis, con carencias alimentarias, frío e humidade e falla de hixiene que facilita a propagación de enfermidades coma a difteria, o sarampelo ou o cólera.

Os estudantes de As Neves fixeron este mércores a súa andaina vestidos cuns petos que levaban uns dorsais cada un dos cales estaba ‘patrocinado’ por un adulto da súa familia: a cantidade recadada por estas achegas será ingresada a beneficio das accións que está a impulsar ‘Save the Children’ en Cox Bazar para mellorar a situación destas nenas e nenos.
 
 
 
 

Ler Máis
02 Feb
0

O Concello informa : o Salto de Sela

O Concello As Neves convoca a veciñanza de Vide e a calquera interesado a unha reunión o vindeiro venres 7 de febreiro as 20 horas na Casa da Auga.

A reunión convócase debido ao inicio do expediente de extinción do aproveitamento de augas do Salto de Sela a nome de Unión Fenosa. Este feito demandado dende hai moitos anos pola veciñanza da comarca que se opuxo frontalmente a posibilidade do Salto, está agora, no periodo de alegacións. Por isto o Concello quere informar de tódalas posibilidades presentes e futuras relacionadas con este asunto.

 

Foto da xuntanza informativa:

Ler Máis