

Logo definitivo O Monte nace na Escola
FOTOS DA PLANTACIÓN:
Logo definitivo O Monte nace na Escola
FOTOS DA PLANTACIÓN:
Presentación do proxecto parra a valorización e transmisión do patrimonio inmaterial do Miño
Domingo 2 as 17hs na Casa da Auga en Vide
A comunidade educativa das Neves manifestase en negro contra a violencia cun acto colectivo o LUNS 26 ás 12:00 horas na praza do Concello.
Durante toda esta semana traballaron en cada aula esta temática transversal elaborando unha mensaxe que se lerá na concentracion, asi como unha escenificación das 44 vítimas mortais deste ano 2018 da violencia contra as mulleres. O acto é aberto á cidadania e o Goberno
Municipal convida a mostrar a repulsa colectiva fronte a esta insoportable conduta machista.
O Centro de Día tamén participa con actividades de reivindicación facendo traballos manuais que están visibles no centro.
Iguais e respectadas. Sen violencias.
O grupo de traballos tamén amplía a iluminación no acceso ao barrio do Monte
O Concello das Neves prosigue actuacións de mellora no alumeado público e edificios públicos para conseguir mellorar enerxética e económicamente e máis tamén para anovar o servizo que se presta.
Primeiro foi a renovación de tódolos cadros do alumeado público, logo o cambio a iluminación led nunha zona de moito consumo, despois a renovación da iluminación do pavillón e agora o cambio incluídos os báculos en toda a rúa Eira da Liñaza xunto cunhas novas no barrio do Monte.
O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, indica que queda moito por facer neste ámbito. Por iso, o Concello xa ten solicitadas varias subvencións ao IDAE (Instituto para la Diversificación y ahorro de la Energía) que de ser condedidas permitirían renovar o alumeado de case todo o territorio municipal cunha inversión de arredor de 500.000 euros dos que o concello aportaría un 10 por cento.
Nos próximos días o Concello das Neves xunto con técnicas/os do Plan Revitaliza e da Asociación Ecolóxista Adega continuará coas reunións para a posta en marcha do plan de compostaxe. A charla é formativa e nela entreganse diferentes documentos, o composteiro e tamén ferramentas.
O mércores 31 de outubro as 19hs na escola de San Xosé de Ribarteme, o xoves 8 de novembro no Centro Cultural As Soledades de Santiago de Ribarteme as 19hs e na escola de San Cibrán de Ribarteme o martes 13 as 19hs.
O Alcalde, Xose Manuel Rodríguez e o Concelleiro de Medio Ambiente, Oscar González participarán nas reunións.
Fotos San Xosé de Ribarteme:
Fotos Santiago de Ribarteme:
Fotos San Cibrán de Ribarteme:
Fotos en Vide (primeira parte)
Fotos en Vide (segunda parte)
Fotos Setados:
A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona este obradoiro con 288.807€
Con motivo do primeiro día de curso o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o Alcalde das Neves, Xosé R. Méndez, deron a benvida hoxe no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) aos e ás alumnas e traballadoras do obradoiro de emprego “Coidar de Nos”.
Vinte persoas desempregadas dos concellos das Neves e de Ponteares comezan hoxe unha nova andaina profesional na que se capacitarán en duas ramas (sociosanitaria e xardinería).
Neste primeiro día de traballo o equipo directivo do obradoiro destacou o éxito de inserción laboral acadado no anterior obradoiro de emprego chegando na rama de sociosanitaria ao 100%.
O Alcalde de Ponteareas destaca que este é un exemplo do bo resultado do traballo realizado en conxunto por varias adminstracións, agradecendo á Xunta de Galicia que atendeu ás peticións conxuntas dos dous concellos. A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención de 288.807€ para este obradoiro cun reforzo económico de 4.500€ para incentivar a contratación e cubrir os gastos salariais derivados dos contratos de traballo que se suscriban co alumnado, ademais das achegas e fondos propios do concello de Ponteareas e das Neves.
Alentados por esta cifra aprenderán e traballarán ao mesmo tempo durante nove meses de curso e contrato que lles permitirá ter un salario e cotizar á seguridade social ao tempo que se forman e amplían as súas expectativas laborais.
Clases teóricas pero tamén moitas clases prácticas que desenvolverán na residencia de Maiores de Ponteareas, no Centro de Día das Neves e na asistencia domiciliaria nos dous concellos, Ponteareas e As Neves.
No caso do módulo de xardinería, os e as participantes terán que afrontar primeiro o nivel I no que nas horas prácticas crearán un viveiro de prantas. Unha vez acadado o nivel I pasarán á formación e traballo do nivel II de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Neste nivel II actuarán en parques e zonas verdes dos dous concellos.
Na súa intervención o Alcalde de Ponteareas destacou a alta participación de mulleres, correspondendo ao 99%, “estes obradoiros son imprescindibles para abrir unha vía ao mercado laboral e máis no caso das mulleres que teñen unha tasa de desemprego máis alta, tal e como se reflexa hoxe nesta aula”.
Pola súa parte, o Alcalde das Neves, insistíu na necesidade da implicación social en tódolos niveis e suliñou a importancia destas dúas formacións que desempeñarán labores de coidado das persoas e tamén de bens comúns.
Este obradoiro enmárcarse nas iniciativas de emprego do actual goberno municipal, que ten como finalidade formar a poboación para acceder a máis ofertas de emprego e xerar oportunidades de traballo.
Un ano máis o Concello das Neves é capaz de colaborar con outro concello para levar adiante un obradoiro de emprego, recordando o éxito do obradoiro do ano anterior, o Obradoiro “ViñoCultura San” que formou persoas no ámbito da viticultura e o Enoturismo dos Concellos de Salvaterra de Miño e As Neves.