Blog

20 Nov
0

Primeira Andaina da Lamprea entre ós Concellos das Neves e Salvaterra de Miño

Os Concellos colaboran novamente no ámbito do turismo organizando esta andaina.
???? ???? Data: domingo 25 de novembro poderás disfrutar dun sendeiro ao carón do Miño con moito que ofrecer: #deporte #turismo #cultura #pesqueiras #historia e moito máis.
???? Percorrido lineal de 8 km con desprazamentos en autobús incluídos.
???? ???? Saída: Concello das Neves, Praza da Cristiandade, 1
???????? Hora: 9.30h
???????? Inscricións: 667858185 e 650806459
Custo: de balde.
Fotos da andaina:

Ler Máis
18 Nov
0

Actividade turística: camiña, coñece, natureza, gastronomía…

O próximo martes 20 de novembro temos un boísimo plan o que vos invitamos a vir:

– 9:30h: Recepción no Concello das Neves, onde faremos unha pequena visita guiada no centro do municipio.
– 10:00h: Percorrido circular do “Camiño dos Pescadores”.
– 14:00h: Comida en restaurante. (Prezo 8,50€)
– 16:00h: Visita guiada a unha adega.
– 17:30h: Visita guiada á Cooperativa do Requeixo e Mel.

A actividade remataría aprox. ás 18:30h.
Para máis info e inscrición contactade co seguinte número de teléfono: 667 85 81 85

#AsNeveséturismo
#AsNevesémedionatural

Ler Máis
17 Nov
0

Nova prantación en San Nomedio coa colaboración de Abanca e o grupo Habitat

Nova prantación de 400 árbores en San Nomedio coa colaboración de Abanca, o grupo Habitat e a Comunidade de Montes de Taboexa o sábado 24 novembro.

Vía de inscrición na xornada: enviando email a rsc@abanca.com

É moi importante que todo o que queira acudir se inscriba previamente por esta vía. No correo electrónico deberá indicarse nome e apelidos completos, idade, DNI ou Pasaporte e datos de contacto de todos os participantes que se desexen inscribir. Todos este datos son necesarios para a correcta participación na actividade e a cobertura do seguro correspondente. As inscricións, segundo o previsto, pecharanse o vindeiro xoves.

Fotos da plantación:

Ler Máis
15 Nov
0

7º Motomagosto

7º Motomagosto do Motoclube Curvas da Trincheira

Domingo 18 de novembro

Ler Máis
15 Nov
0

O Monte nace na Escola. Horta no Ceip

O Monte nace na Escola

Creación da horta no Ceip das Neves sábado 17 pola mañá

#AsNevesémedionatural

Ler Máis
15 Nov
0

** Corrección – Anuncio data segundo exame ** Proceso Selectivo e de creación de bolsa de emprego de auxiliar administrativa/o

**Publicacións: respostas 1ºexercicio, lista definitiva e provisional, anuncio e bases

O Concello de As Neves ten necesidade de seleccionar persoal laboral temporal (xornada completa) previsto no cadro de persoal temporal do orzamento municipal para 2018, toda vez que a acumulación de tarefas no departamento de servizos sociais fai necesario e urxente a contratación de auxiliar administrativo para este servizo.

Polo tanto apróbanse as seguintes bases que rexerán o proceso selectivo destinado á selección de persoal laboral temporal na categoría de AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O a fin de cubrir temporalmente o posto de traballo de auxiliar administrativo de servizos sociais e constituír unha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal para substitución de persoal do Concello das Neves.

Bases

Anuncio no Boletín Oficial da Provincia

Decreto aprobación e publicación lista provisional dunha praza de persoal laboral temporal (aux. admtivo.) e formación dunha bolsa de emprego

Lista definitiva admitidos e excluídos, nomeamento tribunal e sinalamento data e lugar primeiro exercicio proceso selectivo auxiliar administrativo e formación de bolsa de emprego

Anuncio das respostas do 1º exercicio

Anuncio aprobadas_os primeiro exercicio

Anuncio data segundo exame

Corrección – Anuncio data segundo exame

Ler Máis
14 Nov
0

Proceso de selección de persoal. Peóns forestais e de construcción

Proceso 1

DECRETO 2018-0296 [DECRETO APROBACIÓN BASES DO PROCESO SELECTIVO]

LISTADO PEÓNS FORESTAIS

LISTADO PEÓNS CONSTRUCIÓN

Proceso 2

DECRETO 2018-0311 [Decreto Bases APROL RURAL]

Resultado selección peons forestais APROL RURAL 2018

Ler Máis
14 Nov
0

Renacer das Cinzas

Os vindeiros 10 e 11 de novembro, grazas ó proxecto RENACER da empresa ONE OAK, comezamos a reforestación do Sendeiro dos Pescadores, o obxetivo para esta fase son 1500 ÁRBORES en dous días, máis adiante plantaranse outras 8500 árbores para chegar as 10.000. Imos precisar da túa colaboración, queres axudarnos?

ANÓTATE neste enlace:

https://docs.google.com/…/1FAIpQLSePOkzy1mtULT54M…/viewform…

Queres axudar no Proxecto RENACER, pero non podes vir a plantar?

– Podes visitar a páxina de ONE OAK, mercar algún produto e eles plantarán unha árbore por ti.
– Compartindo a páxina de ONE OAK, para que o proxecto chegue a mais xente: https: oneoakbrand.es

https://oneoakbrand.es/

Podes porte en contacto co voluntariado en voluntariadoasneves@gmail.com

A seguir podes ver vídeos editados por One OAK:

YA HACE UN AÑO. De las imágenes que nos empujaron en ONE OAK a llevar a cabo este proyecto…???? Objetivo: 10.000 árboles para Galicia.⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀As Neves, Pontevedra, quedó calcinado por los incendios al 90%…¡y hoy os queremos enseñar cómo vamos a hacerlo RENACER! ????⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀Por supuesto, será con tu ayuda, ¿#ReforestamosContigo????? ¡Descubre nuestra serie documental!

Gepostet von One Oak Brand am Montag, 15. Oktober 2018

¡Ya casi estamos reforestando! ????Ya tenéis el 4º capítulo de nuestro documental dónde veréis cómo están ahora mismo vuestros arbolitos! ⠀⠀⠀⠀⠀⠀Creciendo en un vivero para después ser trasplantados a la zona de As Neves elegida, ¿nos acompañáis?⠀⠀⠀⠀⠀⠀#ReforestamosContigo #Reforestacion #cambioclimatico #OneOak#UnRelojUnArbol

Gepostet von One Oak Brand am Montag, 29. Oktober 2018

 

Información sobre o desenrolo das XORNADAS DE REFORESTACIÓN 10 e 11 de novembro:

– Punto de encontro: Praza Maior das Neves.
– Hora: 9:00.
– Hora de saída: 9:30.
– Hora de regreso: 14:00

* Haberá un bus para os desprazamentos.
* Almorzo a media mañá.
* Duchas no pavillón

ACD SANOMEDIO organiza unha COMIDA na no mercado. Pódese apuntar calquera que participe na plantación (anotarse hoxe en voluntariadoasneves@gmail.com e 609782868

– Prezo: 10 Euros.
– Menú: caldo, lacón con grelos, sobremesa e bebida.

Anótate!

Ler Máis
13 Nov
0

As Neves inicia os traballos do Plan de Mobilidade Sustentable

Servirá para planificar as necesidades de mobilidade e logo optar a financiamento europeo para a súa execución

O Concello das Neves presentou hoxe a posta en marcha dos traballos para a elaboración dun plan estratéxico que busca avaliar e planificar as necesidades presentes e futuras de mobilidade para as persoas e mercadorías mediante procesos técnicos e de participación cidadá.

Este plan permite contar cun deseño completo de todo o Concello, marcando as necesidades, as prioridades e os orzamentos das distintas tarefas a desenvolver.

Unha vez rematado e aprobado este debe ser enviado a Deputación, quen financia o 75%, para o seu visto bo e aprobación definitiva.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, indica que o dispor desta ferramenta vai ser un condicionante para optar a subvencións europeas, co que As Neves ao dispor dela estará en mellor disposición que outros lugares para ser receptora desas axudas.

Ler Máis
12 Nov
0

Andaina Micolóxica

O vindeiro domingo 18 ACD Sanomedio organiza unha andaina micolóxica con saída as 9:30 diante da praza do Concello.

Ler Máis