Blog

16 Out
0

Contratación de 5 persoas perceptoras da renta de integración social (RISGA)

Logo de 4 meses de trámites administrativos nos que a Xunta de Galicia denegaba a citada subvención, finalmente tiveron a ben concedala e por iso iniciamos o proceso de selección para a contratación que ten ser efectuada como moi tarde o día 1 de novembro de 2018.

Toda a información, requisitos de acceso, condicións, proceso de selección, etc no documento de bases publicado a continuación.

Bases proceso selectivo Risga

LISTADO PEÓNS FORESTAIS

LISTADO PEÓNS CONSTRUCIÓN

Ler Máis
16 Out
0

Outono de teatro 2018

O Concello das pon en marcha unha nova edición do ciclo cultural Outono de teatro con tres actuacións para diversos públicos de balde no auditorio municipal.

 

Ler Máis
14 Out
0

Actividades do Plan de Igualdade Municipal

Actividades do Plan de Igualdade Municipal
Non o dubidades, anótate.
986667134 ou servizossociais@asneves.gal
 
#AsNeveséigualdade

Ler Máis
12 Out
0

Primeira entrega de Composteiros individuais en San Pedro e Santa Olaia de Batalláns

O Plan Revitaliza, plan de compostaxe nas Neves colle impulso co primeiro reparto de composteiros individuais para tódalas vivendas das parroquias de San Pedro e Santa Olaia de Batalláns.

O Plan Revitaliza no Concello das Neves ademáis está cofinanciado con Plan Concellos da Deputación.

O luns 15 e o mércores 17 as 19 horas membros de Adega, técnicos da Deputación, o Concelleiro de Medio Ambiente e o Alcalde das Neves iniciarán o proceso informativo e a entrega de composteiros e ferramentas.

Proceso totalmente gratuíto para a veciñanza que permitirá a compostaxe dos bioresiduos nestas parroquias.

 

 

Ler Máis
11 Out
0

Vídeo e información no aniversario dos lumes nas Neves

O Concello das Neves conmemora o vindeiro luns, día 15, o 1º aniversario da vaga de lumes que o 15 de outubro de 2017 arrasou máis de 4.000 hectáreas, queimou preto de 30 casas e acabou con empresas do sector primario que daban emprego a ducias de veciñas e veciños.

O Goberno Municipal lembrará ese día presentando a alumnas e alumnos da vila o proxecto ambientalista ‘O Monte nace na Escola’, ás 11 e media da mañá, que ten coma obxectivo comprometer as cativas e cativos, rapazas e rapaces dende a Escola Infantil ata o Instituto para incorporar elementos de convicción que garanta a supervivencia do medio ambiente nevense.

As medidas impulsadas polo Concello abranguen, ademais, o plan ‘Sementando Vida’, coa axuda de One Oak, que posibilitará que dende o mes de novembro ata o mes de febreiro de 2019, se planten 10.000 árbores no ‘Sendeiro dos Pescadores, na contorna do río Miño, un vieiro que une as Neves con Portugal, e por onde hai un ano entrara o lume.

Do mesmo xeito, da man da Deputación de Pontevedra, e das Comunidades de Montes, está previsto plantar unha hectárea de castiñeiros en Tortoreos, e outros 7.000 en Vide, ademais de colaborar co ‘Grupo Naturalista Hábitat’ e Abanca na iniciativa ‘Unha nova árbore’, que fará posible plantar centos de árbores autóctonas en San Nomedio.

O Alcalde das Neves reuníuse esta mañá co colectivo de familias afectadas pola perda da vivenda habitual e a representante do grupo de voluntariado para analizar a sua situación e ofrecerse a continuar colaborando na resolución dos seus problemas.

Podes consultar os vídeos na nova canle de youtube do Concello das Neves

 

Ler Máis
06 Out
0

As Neves avanza no plan de compostaxe, no Plan Revitalizatr

As Neves impulsa o seu plan de compostaxe ou Plan Revitaliza

Impulsamos o Plan Revitaliza para unha nova e sostible xestion do lixo. Acaba de chegar unha trituradora de restos vexetais e nos próximos días contaremos cun camión. Tamén comezaremos co reparto de composteiros individuais, un para cada casa.

Neste mes comeza a entrega dos composteiros.

Novos servizos para un tempo novo.
#AsNevesémedioambiente

Entrega da trituradora co Alcalde, o Concelleiro de Medio Ambiente, o Técnico do Plan Revitaliza e o responsable de Baygar

Empregados municipais coñecendo o funcionamento da trituradora

 

Ler Máis
03 Out
0

O Monte nace na Escola

O monte nace na Escola é o proxecto educativo transversal a toda a comunidade educativa do Concello para formar persoas respetuosas e esixentes co medioambiente.

 

“As cousas no seu sitio. Primeiro o proxecto e a financiación, e agora a imaxe corporativa do programa.
Clara Troncoso Pereira, alumna de quinto curso do “Ceip Marquesa do Pazo da Mercé”, foi a gañadora do concurso de debuxo escolar para poñerlle cara ao programa “O monte nace na escola”, o proxecto educativo mais ambicioso das Neves Zona Cero, que se financia grazas á solidariedade de todas cantas persoas e Institucións contribuíron economicamente hai casi un ano coas Neves.
Un proxecto que inclúe a toda a Comunidade educativa, dende a Escola Infantil até o Instituto, pasando polas Unitarias, o Ceip e a Efa, a través do que imos formar persoas respectuosas e esixentes co medioambiente.
Durante todo este curso 2018/2019 introducimos na programación educativa de todos os centros, accións formativas e actuacións singulares para conseguilo. Un programa ambicioso, e necesario para medrar e sementar porvir, no que se implica decididamente o profesorado, o alumnado, as anpas, o voluntariado…. As Neves.

Imos!”

De Xose Manuel Rodríguez Méndez.

 

Logo do proxecto, escollido das aportacións dos centros de ensino

Representantes de Comunidade educativa, do Voluntariado e a autora do proxecto Alejandra González

Logo definitivo O Monte nace na Escola

Ler Máis
28 Set
0

Concerto de Corais

Sábado 29 dende as 20:30 horas no auditorio municipal.

Ler Máis
28 Set
0

Campionato de badmintón nas Neves

Este sábado 29 de setembro no pavillón municipal celébrase o ranking territorial sub13 e sub 17.

A de 10 as 18 horas, como sempre coa magnifica organización do Clube Badmintón As Neves.

Ler Máis
18 Set
0

Exposición árbores senlleiras

Exposición das árbores senlleiras da Provincia.

O xoves 20 as 11:15 inaugurase a exposición na Casa da Xuventude que estará dispoñible ata o 7 de outubro en horario da Casa da Xuventude, de martes a domingo de 17 a 21 horas.

 

Ler Máis