A partir deste martes 14 de setembro a Casa da Xuventude, situada temporalmente no espazo do Mercado Municipal, adapta o seu horario ao curso escolar e pasa a abrir de venres a domingo, de 17:00 h a 21:00 h.
A partir deste martes 14 de setembro a Casa da Xuventude, situada temporalmente no espazo do Mercado Municipal, adapta o seu horario ao curso escolar e pasa a abrir de venres a domingo, de 17:00 h a 21:00 h.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, vén de conceder un novo obradoiro de emprego ‘Coidar de Nos IV,’ aos concellos de Ponteareas e As Neves –conxuntamente–, ao abeiro da convocatoria 2021/2022.
O mesmo, como os anteriores, estará centrado na atención sociosanitaria de persoas dependentes no domicilio e en actuacións forestais que se realizarán no parque da Picaraña de Ponteareas e na Chan de Vide, en As Neves, e contará cun orzamento total de 374.000€.
A nova quenda de obradoiros, que comezará agora co seu proceso de selección para iniciar as actividades formativas no vindeiro mes de outubro, contará con 20 de participantes.
Todas e todos beneficiaranse dunha formación específica durante os próximos nove meses, realizando ademais traballos e servizos de interese xeral e público a prol da sociedade incluídos en cada proxecto por parte dos concellos promotores, e ademais poderán optar a prácticas en empresas da contorna ao remate do obradoiro.
Na presentación do mesmo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, subliñou, “damos cumprida resposta ao que pide a cidadanía agora que temos a vacinación tan avanzada e que a quinta onda da covid-19 vai quedando atrás. Ofertamos un programa de formación moderno, dual, orientado a persoas sen traballo para mellorar a súa empregabilidade, posibilidades de futuro e inserción laboral, que ademais van recibir unha remuneración durante nove meses e que contribuirán ao beneficio de todas e todos con obras públicas e atencións sociais”.
Este luns, día 13 de setembro, ás 11:00h. h na sede da Autoridade Portuaria de Vigo, cos promotores da PLISAN: Autoridade Portuaria de Vigo, Zona Franca de Vigo e Instituto Galego de Vivenda e Solo.
A reunión terá dúas partes:
• Na primeira estarán os Concellos das Neves e de Salvaterra, e falarase sobre a situación actual da PLISAN.
• Na segunda, só co Concello das Neves, o tema a tratar será a parcela dun millón de metros cadrados que quedou fóra da PLISAN, situada en terreos das Neves.
A partir da vindeira semana retómanse as clases de ximnasia saudable para maiores, financiadas polo Concello, que foran interrompidas pola situación sanitaria derivada da pandemia.
Así, o martes 14 comezarán nas Neves, o xoves 16 en San Pedro de Batalláns e o venres 17 en Setados e San Cibrán de Ribarteme.
Para o desenvolvemento destas actividades aplicarase un protocolo de seguridade fronte á Covid, seguindo as normas sanitarias vixentes.
O Concello das Neves levará a cabo obras de mellora no barrio de Prado, na parroquia de Vida cun investimento de 48.389,52 €. Os traballos abranguen a axecución dun Colector de 308 metros por gravidade, para a rede de saneamento.
O mesmo contará cunha unha tubería de PVC compacto tipo SN4 de 250 mm, enterrado en zanxa escavada sobre cama de area, ata a conexión a os pozos e 12 pozos prefabricados de HM coas acometidas domiciliarias
necesarias.
Así mesmo, proxéctase a reposición do pavimento do camiño cos tramos:
• Tramo inicial 100,00 metros e un ancho medio de 4,50 metros.
• Tramo intermedio 108,00 metros e un ancho medio de 4,00 metros.
• Tramo terra 185,00 metros e un ancho medio de 3,00 metros.
• Tramo final 30,00 metros e un ancho medio de 5,50 metros.
Os mesmos contarán con firme a base de aglomerado en quente e base granular de zahorra artificial. Ademáis, está previsto o ercalce de 4 tapas de rexistro en calzada con dado de formigón armado.
Nos mesmos traballos, realizarase a pre-instalación de saneamento e asfaltado circular do barrio (unha parte estaba en mal estado e outra parte non estaba asfaltada), que se incluíron no Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, sinala que nos vindeiros meses aportarase unha solución definitiva para o vertido da rede de saneamento do barrio.
O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, mantiveron hoxe en Compostela unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.
A reunión, que desenvolveuse nun tono constructivo e de respecto institucional, fora solicitada polo Goberno local das Neves para tratar coa conselleira varios asuntos prioritarios para o noso concello.
O primerio foi o da seguridade da estrada PO-400 no entronque coa PO-415, construindo unha rotonda de acceso ao núcleo urbano e humanizando ese entorno, con melloras no aparcamento e a zona destinada a uso peonil. Ademáis, Rodríguez e Couto lembrandolle á conselleira que está pendente solventar o acceso á parroquia de Setados.
En segundo lugar, plantexáron a necesidade de reforzar a seguridade peonil no entorno do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, entre a rotonda e o cruce coa rúa Doutor Martínez e Eira da Liñaza.
Así mesmo, solicitaron a construción dunha ‘Senda peonil na PO- 415 e a PO- 400, entre o instituto e o cruce de Setados a Ribarteme. A mesma, sinalou o alcalde, “permitiría un uso peonil seguro e a reducción de velocidade dos vehículos no tramo garantindo, ademáis, o acceso a pé a todos os centros educativos”.
Solicitouse ademais a colaboración da conselleira para que o seu departamento contribua a mellorar o sistema de saneamento no rio Xuliana (na decantadora de Liñares) e cumprir, así, cos requisitos ambientais.
Tanto o tenente dé alcalde Marcelino Couto, como o alcalde, coincidiron con Ethel Vázquez na necesidade de colaboración institucional entre Consellería e Concello das Neves para conseguir xestionar os fondos Next Generation no território municipal, así como contribuir a un equilíbrio territorial que garanta as inversions necesárias para que os habitantes rurais dispoñan das infraestruturas precisas para unha mellor calidade de vida.
Neste sentido, a conselleira referiuse ás subvencións convocadas semanas atrás para toda Galicia, ás que o Concello das Neves presentou varios proxectos, que foron aprobados, xunto ao ‘Plan da Seca’, e serán cofinanciados para a súa execución.
Pola súa banda, Ethel Vázquez comprometeuse a traballar na redacción do proxecto da rotonda e humanizacion do acceso ao nucleo urbano e ao Colexio público, ademáis de levar a cabo a senda peonil, previa reclamación ao Goberno do Estado para o uso dos fondos europeos Next Generation para esa finalidade.
Este mércores, día 8, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, manterán unha xuntanza en Compostela coa concelleira de Infrestruturas da Xunta.
Na reunión tratarán con Ethel Vázquez o desenrolo da rotonda da estrada PO-400 e a humanización ata o entronque co ‘Frenazo‘; a determinación das sendas peonís por estradas dependentes da Xunta, en particular dende o Instituto ata o CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, e á adaptación ao proxecto de reforma da rúa Eira da Liñaza -coa creación dunha senda peonil- da beirarrúa dende a rotonda do propio CEIP.
Co inicio do curso escolar a Biblioteca Municipal pasará a ter o ‘horario de inverno’, será a partir do luns 13 de setembro.
O horario quedará así:
• Luns a Venres: 16:00 h – 20:00 h.
• Sábado: 10:00 h – 14:00 h
Recuperar para o seu desenrolo económico e ambiental 40 hectáreas de monte entre as parroquias de Tortoreos e Rubiós, por medio dunha nova ‘Aldea Modelo’. Ese é o proxecto no que traballan o Concello das Neves e Consellería de Medio Rural da Xunta dende hai máis dun ano.
Esta semana pasada deuse un novo paso neste proceso de creación desta nova ‘aldea’ nunha xuntanza entre o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o concelleiro de Medio Ambiente e segundo tenente de alcalde, Óscar González, o subdirector de Mobilidade de Terras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Alejandro Sánchez de Dios, e parte dos veciños propietarios dos terreos nos que se proxecta implantar esta aldea modelo.
Para o concelleiro de Medio Ambiente, a reunión foi “moi produtiva e a proposta tivo moi boa acollida entre os propietarios presentes”, que representaban o 36% de toda a superficie que ocuparía a nova aldea. Óscar González indicou que nos próximos días a Xunta contratará a empresa que contactará cos donos de todos os terreos para empezar a tramitar a documentación e coñecer cantos deles estarían dispostos a alugar as súas terras para poñer en marcha esta iniciativa.
O obxectivo final desta iniciativa, lembrou o alcalde, é “pasar do abandono á utilidade”, recuperando un espazo desatendido para obter produtos con selo ecolóxico, “facilitando a creación de emprego e de riqueza e, ao tempo, comprometerse coa recuperación ambiental”.
Nesta superficie, que seguirá sendo dos seus propietarios que recibirán un alugueiro, está previsto o establecemento de diferentes actividades de explotación que manterán o respecto polo medio ambiente, permitirán o uso da terra e xerarán bens de consumo. Entre aquelas ideas que opten facerse realidade na aldea modelo, teranse en conta aqueles requisitos e outros coma o de cercanía, primando os impulsados por veciñas e veciños das Neves, e viabilidade.
Este proxecto engarza coa recuperación de terras agrarias abandonadas que está a impulsar a Xunta que, coma no caso desta demarcación entre as parroquias de Tortoreos e Rubiós, pretende mobilizar a terra para a recuperación produtiva en zonas abandonadas preto de núcleos de poboación, contribuíndo, ademais á recuperación e rehabilitación de vivendas abandonadas e a prevención de incendios.
Ás 20:00 h deste martes, día 7, terá lugar o Pleno ordinario do Concello das Neves, correspondente ao mes de setembro.
Como xa é habitual, será retransmitido en directo por streaming a través da páxina de FaceBook do Concello
Esta é a orde do día: