Blog

11 Feb
0

As Neves debate o vindeiro martes os Orzamentos de 2018

O goberno municipal propón a suba do 14% no orzamentos e reduccións de impostos, algúns de ata o 95%.

O vindeiro martes día 13 as 20 horas celebrarase no Salón de Plenos a sesión extraordinaria para a aprobación dos orzamentos de 2018 e no que tamén se debatirá sobre a reducción de certos impostos.

A proposta de orzamentos preve unha cantidade total de 2.380.000 euros o que significa un 14% máis que o ano anterior.

En canto a reducción de impostos gozarán dunha bonificación do 95% na cota do Imposto as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de “especial interese ou utilidade municipal” por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración e que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, contempladas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85.

Asemade, para favorecer a reparación, rehabilitación e reconstrución, de edificacións xa existentes no termo municipal, que foran afectadas polos incendios que tiveron lugar o pasado 15 de outubro de 2017, as obras de reparación, rehabilitación e reconstrución, ou nova construción sempre que veña imposta por imperativo legal, gozarán da bonificación do 95%. Esta bonificación terá efectos retroactivos a tódalas solicitudes de licenza ou comunicacións previas efectuadas dende o 15 de outubro de 2017 e estenderá os seus efectos ata o 31 de decembro de 2018.

Disporán dunha bonificación do 90 % na cota do imposto as construcións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar.

Gozarán dunha bonificación do 90% na cota do mesmo Imposto, as obras de reforma de edificacións xa existentes que se realicen co fin de favorecer as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados.

Estas bonificacións aplicaranse sobre o importe da cota que resulte de multiplicar o orzamento de execución material das obras especificamente destinadas á instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar e á eliminación de barreiras arquitectónicas polo tipo impositivo.

Tamén gozarán dunha bonificación do 50% as construcións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial.

Ler Máis
11 Feb
0

BANDO EXPOSICIÓN PÚBLICA DE DIVERSAS TAXAS

Ver bando

Ler Máis
08 Feb
0

Charla informativa sobre as axudas do GDR

Venres 9 as 20h no Auditorio Municipal charla informativa sobre as axudas do GDR Condado-Paradanta

Cartaz

Ler Máis
08 Feb
0

Axudas por fillas e fillos menores de 3 anos

Axudas por fillas e fillos menores de 3 anos

Prazo para presentar solicitudes ata o 21 de marzo

Presentar para novas solicitudes

– Copia do libro de familia ou certificación de nacemento

– Certificación de conta bancaria

– Copia de sentencia de separación, divorcio.. se fora o caso, ou copia do auto ou resolución xudicial se houbera adopción ou tutela

Toda a información nas oficinas de Servizos Sociais, no 986667134 ou en servizossociais@asneves.gal

Axudas por fillas e fillos menores de 3 anos

Ler Máis
07 Feb
0

Mulleres en acción violencia zero

Mércores 7 de febreiro as 12h no IES Pazo da Mercé.

Acción poética “Cofre de maquillaxe” de Olalla Cociña, contra as violencias machistas!

 

Ler Máis
05 Feb
0

Arranca o Plan Compost Revitaliza nas Neves

Hoxe comeza a funcionar o primeiro composteiro comunitario do Plan Revitaliza no aparcadoiro da rúa Esperanza.
 
Deposita os teus restos orgánicos para compostar
As e os mestres composteiros axudaranche a compostar

Folleto Plan Revitaliza

Ler Máis
01 Feb
0

Entroido 2018

O Concello das Neves organiza as actividades do Entroido 2018 o sábado 10 de febreiro.

O desfile de comparsas e carrozas iniciarase as 18:00 dende a rotonda do antigo Montesol ata a Praza Maior onde a partir das 18:30 haberá festa con música, coplas, a queima da velutina e tamén chocolate.

 

Publicamos as bases do concurso de carrozas ou comparsas:

Bases Concurso Entroido 2018

En paralelo a Asociación As Neves Group organiza un ano máis o Venres de Comadres, o día 9 dende as 21:00.

Ler Máis
29 Xan
0

Bases entroido 2018

O Concello das Neves publica as bases reguladoras para o Concurso-Desfile de carrozas e comparsas do Entroido 2018.

O desfile de carrozas será o sábado 10 de febreiro de 2018.
O horario de saída será as 18:00 hs. Saírase a partir da rotonda do antigo Montesol e o desfile percorrerá as rúas Entrecíns e Marquesa do Pazo para finalizar na Praza Maior.

Bases Entroido 2018

Ler Máis
28 Xan
0

A onda de incendios provoca un “problema ambiental” de alomenos 150.000 euros polos residuos de uralita nas Neves

O goberno local promove a exención da taxa de construcción e do IBI en 2018 para as familias que perderon as súas vivendas en outubro

Ler máis: http://www.europapress.es/galicia/noticia-ola-incendios-provoca-problema-ambiental-menos-150000-euros-residuos-uralita-as-neves-20180127125601.html

Ler Máis
23 Xan
0

Repensar o monte

O Concello das Neves organiza o sábado 27 unha xornada para analizar experiencias produtivas de usos alternativos para o monte.

Distintas alternativas de usos produtivos para o monte serán presentadas no Auditorio das Neves o vindeiro sábado 27 de Xaneiro. O Concello organiza estas xornadas como unha nova iniciativa para para dar resposta aos danos causados polo lume do pasado 15 de outubro. Baixo o lema Repensar o Monte, distintos expertos expoñerán as súas experiencias en apicultura, micoloxía, froitos do bosque, cerdeiras e castiñeiros para madeira, entre outras. O evento abrirase ás 10 da mañá coa intervención do Alcalde das Neves, Xosé Rodríguez, e unha conferencia de Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.

As xornadas rematarán coa actuación solidaria da Banda de Gaitas Xarabal que percorrerá as rúas da localidade o sábado 27 desde as 13h.

As experiencias serán presentadas ás 11:15 nunha mesa redonda moderada pola enxeñeira forestal Alexandra González na que participarán Hifas da Terra, CERNA (Enxeñaría e Asesoría Medioambiental), as Comunidades de montes de Couso (Gondomar) e Covelo Abella Lupa, Miguel Fernández de Salvaterra, e Quin Álvarez Martínez. agricultor da zona do Rosal. As Comunidades de Montes das Neves participarán tamén no coloquio posterior.

O público contará coa presenza de participantes no Encontro solidario organizado esa fin de semana en As Neves pola Asociación Galega de Autocaravanas, que serán recibidos o venres 26 as 20:30h no Auditorio polas voluntarias e voluntarios, neste acto proxectarase tamén o video #AsNevesZonaCero de Adrián González e Diaño Filmes. A entrada é pública. 

Os caravanistas protagonizarán o domingo 28 ás 11 o acto simbólico de inicio do proxecto de educación e recuperación medioambiental Sementando vida, repoñendo as árbores queimadas na circunvalación das Neves.

Ler Máis