Blog

02 Dec
0

V Carreira do Pavo nas Neves o 24 de decembro

Presentouse no Concello a 5ª edición desta carreira solidaria

A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio e o Concello das Neves presentaron na mañá deste sábado a 5ª edición da carreira popular e solidaria do Pavo nas Neves. O vindeiro 24 de decembro na tarde previa a noiteboa pequenos e maiores disputarán esta proba deportiva polas rúas das Neves.

Esta carreira xunta a parte competitiva, a familiar ou veciñal e a solidaría. Hai participantes que compiten por gañar a proba, outros participan de xeito festivo e todos o fan de xeito solidario, porque cada corredor ou corredora debe entregar alomenos un quilo de alimentos non perecedeiro que será donado a servizos sociais do concello nevés.

Na presentación, amáis de membros do clube ACD Sanomedio e o Segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Deportes Oscar González estiveron corredores e gañadores da edición de 2016, o gañador absoluto Óscar Bernárdez Carballo, o gañador local Juan Ramón Lira Fernández, a gañadora local Ana Isabel Domínguez Álvarez e o corredor e colaborador Bernardo Durán.

Ler Máis
30 Nov
0

Remata a primeira fase das obras na escola de Cerdeira

A iniciativa vai incluída dentro dun programa de arranxos en varios edificios públicos

O Concello das Neves ven de rematar as obras na escola de Cerdeira que abordaron a reposición do tellado para evitar filtracións de auga e recuperar a seguridade das persoas.

Este proxecto inclúe outras reparacións en tellados como os da escola de Vide e o do edificio da antiga Cámara Agraria.

As obras son subvencionadas a través da financiación do Plan Concellos e ascenden a cantidade de 31.000 euros.

Ler Máis
15 Nov
0

Inauguración da nova Biblioteca Municipal

O Concello inaugura a remodelada biblioteca municipal o vindeiro domingo 19 as 12:30 na rúa José Gil

Ler Máis
10 Nov
0

Selección Auxiliares Administrativos temporais (Aprol Rural)

O Concello das Neves ven de lanzar a convocatoria de selección de auxiliar administrativo a través do programa de subvencións Aprol Rural 2017.

Bases

  1. Bases Auxiliar Administrativo-a APROL RURAL
  2. Bases Auxiliar Administrativo/a-APROL RURAL

Resultados

  1. Resultado Selección Auxiliar Administrativo/a
  2. Resultado Selección Auxiliar Administrativo/a

Ler Máis
03 Nov
0

As Neves abre unha oficina para afectados polos lumes, que xa notificaron 1.283 incidencias. As Neves Zona Cero

Oficina de tramitación de axudas
 
Para a axuda na información e tramitación pedir cita no teléfono 986956341 en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas

***

Nota anterior

O Concello das Neves contará “nos próximos días” cunha oficina para atender aos afectados polos incendios de mediados de outubro, os cales notificaron até o momento un total de 1.283 incidencias.

Así o comunicou este venres o goberno municipal e a Administración Autonómica, despois de que se reunísen durante horas o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e outros xefes territoriais das Consellerías, cos grupos municipais das Neves, a petición do Alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez, co fin de coordinarse “de cara a facilitar” as axudas postas en marcha polo Goberno autonómico e a iniciar o proceso de renacer das Neves.

Neste marco, a oficina municipal ten como obxectivo atender aos afectados, ofrecerlles información e axudarlles na tramitación das axudas “co obxectivo de que estas cheguen ao máximo número de afectados posible”.

Nos vindeiros días, o antes posible, indica o Alcalde nevés, informarase do lugar, horarios e sistema de atención da oficina de reclamacións e concretaranse reunións por sectores. O Goberno municipal porá todo o esforzo en minimizar os efectos posteriores a vaga de lumes como o ven facendo a través dun “espectacular grupo de voluntario”.

Ler Máis
02 Nov
0

Outono de Teatro 2017

O Concello das Neves pon en marcha unha nova edición do ciclo cultural Outono de Teatro

Teremos catro novas citas co teatro nos meses de novembro e decembro.

Ler Máis
01 Nov
0

Cata Solidaria As Neves Zona Cero

O vindeiro día 05 de Novembro, cata solidaria a prol dos afectados pola vaga de lumes en As Neves. O diñeiro recaudado irá íntegramente á conta “As Neves zona cero” avalada polo Concello das Neves para canalizar oficialmente as achegas económicas para axudar os damnificados nesta castástrofe.

Data: domingo 5 de novembro
Hora: 12:00
Lugar: Adega Señorío de Rubiós (Bouza do Rato s/n – Rubiós, As Neves)

Durante o evento cataranse varios viños brancos (albariño e condado blanco), tintos (a colección Manuel d´Amaro Espadeiro, Caiño tinto, Sousón e Pedral) e espumosos da adega, acompañados dunha degustación de productos da zona.

Para poder acudir á cata solidaria é preciso:

– Reservar praza nos números de teléfono: 654 960 109 ou 680 918 122. Ou tamén no correo electrónico: info@srubios.com

– Ingresar 15 € por persoa no número de conta “As Neves zona 0” IBAN: ES92 2080 5434 0830 4011 4499 (Abanca)

– O aforo é limitado polo que agradecemos que reservedes con antelación.

Gracias pola vosa colaboración e solidaridade!

Ler Máis
01 Nov
0

Fútbol Solidario As Neves Zona Cero

Domingo e mércores celebráronse sendo encontros de liga onde a taquilla foi doada aos afectados polos lumes das Neves.

Ler Máis
31 Out
0

Festa de Samaín “Solidario”

Sábado día 4, a partir das 17:00 na Praza Maior

Ata as 21:00, festa para os nenos, e a partir das 21:30, para toda a familia..
Conta cun día e noite longos…….
CONTAMOS CON TODOS
PINTACARAS
CASTAÑAS ASADAS
AGASALLOS PARA OS QUE VEÑAN DISFRAZADOS

E ADEMÁIS….
RIFA SOLIDARIA PARA RECAUDAR FONDOS PARA A CATASTROFE DOS INCENDIOS
MOITOS COLABORADORES SOLIDARIOS
BAILE MODERNO CON LORENA
ACTUARÁN DISTINTOS GRUPOS MUSICAIS:
• Os Folieiros
• Ronco&Folk
• Pédëpôté
• Banda de Mazinger
• Grupo Carballo Da Armada
E moitas sorpresas máis …

Ler Máis
25 Out
0

As Neves Zona Cero

As administracións responsables Xunta e Estado ainda non fixeron nada por As Neves, nin o día do incendio nin a semana e media posterior.
 
As Neves e súa veciñanza creou un GRUPO DE VOLUNTARIADO espectacular que visita a casa a casa para coñecer as incidencias, apoiar as persoas, repartir auga embotellada, levar comida a animais domésticos e salvaxes. Recóllense e centralizanse os datos. Xestiónanse os problemas de perigos de derrube, a retirada da uralitas, os animais mortos….
 
Son os PARTICULARES E EMPRESAS das Neves e doutros moitos lugares os únicos que, ademáis dos voluntarios, colaboran aportando auga, comida para animais, instalacións, vehículos para o transporte, pisos de aluguer, servizos técnicos e ata diñeiro nunha conta.
 
UNHA NENA DONOU HOXE O SEU REGALO DE CUMPREANOS, cos cartos que lle deron comprou comida para os animais.
 
Moitas grazas pola solidariedade con As Neves.

Ler Máis