Continuamos con la ruta de los pinchos. Os dejamos un adelanto de lo que podéis degustar…. Pide tu pasaporte y sigue las bases para optar a los premios…
Os esperamos!!!!
Blog


Tamén coñecido como o Salón do Cómic do Condado, KOMIQ KON é unha actividade lúdico-cultural adicada ao fomento do aprecio polos cómics. Prográmanse diversas actividades e exposicións.
Ademais os centros educativos organizan visitas a este salón para coñecer máis de cerca o mundo do cómic e promocionalo tamén entre os máis novos. Convócanse tamén concursos. Celebrado comúnmente no mes de xuño.

Celebrada na Praza Maior das Neves. A festa prolóngase durante toda a xornada, comezando pola mañá cunha concentración de motos clásicas e posterior Ruta de Motos Clásicas, seguida dunha sesión vermú amenizada con algún grupo musical.
Pola noite, continúa a fiesta con concertos oitenteiros. Os asistentes normalmente asisten caracterizados dos anos 80, habendo premio para os disfraces máis orixinais.
Na parroquia de Vide reúnense nunha tarde do mes de agosto estes vehículos agrícolas e percorren parte do pobo. Trala tractorada é habitual que se realice unha churrascada para todos os que ata alí se acheguen.
Ten lugar a finais do mes de xullo. Todo aquel que se achega faino equipado para a batalla con pistolas de auga, globos, caldeiros, mangueiras, sulfatadoras, etc. Ademais de acudir preparados para batallar e combater o calor, para engadir un toque orixinal e pasar unha tarde de verán divertida, hai que disfrazarse.

Celebrada na Praza Maior das Neves, habitualmente a finais do mes de xullo. Hónrase neste evento este prato típico do noso país. Comercialízase menú completo ao mediodía composto por: paella, pan, bebida e doce, polo que supón unha boa ocasión para gozar dunha comida típica en compañía de familiares e amigos ao aire libre desfrutando do bo tempo característico desas datas.

Festa celebrada na Pista Polideportiva do barrio da Estación. Elabórase unha enorme tortilla que alcanza os 1,5 metros de diámetro. Despois da elaboración da tortilla, ten lugar a degustación. Ademais de tortilla, véndese tamén empanada, polbo, rosquillas, etc. A celebración normalmente da comezo sobre as 19:00 horas, prolongándose a festa con actuacións musicais. Cabe mencionar que se coloca sempre unha carpa no lugar do evento para maior comodidade tanto da organización como de tódolos participantes, así como mesas e bancos nos que poder sentarse a desfrutar e saborear.

Festa na que se ensalza o afamado viño tinto producido principalmente na parroquia de Rubiós, considerado como un dos mellores dentro de toda a Denominación de Orixe Rías Baixas.
A data de celebración está fixada para a segunda fin de semana do mes de outubro. No ano 2016 contou con viños tintos de todas as subzonas da D.O. o que fai que esta celebración sexa única xa que ofrece a posibilidade de atopar moitos dos viños tintos existentes reunidos nun único espazo, algo que só ocorre nesta localidade e especialmente nesta festa.
Ademáis de desfrutar dos viños, hai outras interesantes actividades: ruta de pinchos nos diferentes establecementos locais, cata maridaxe popular, representacións teatrais, actuacións de grupos musicais e da banda de música, actividades infantís, etc.

Algúns dos tintos que se poden degustar na festa

Festa gastronómica catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia e na que se poñen en valor estes produtos típicos do municipio. A Feira do Requeixo e o Mel, celebrada sempre o Venres Santo, pretende recuperar esta tradición e dinamizar a zona economicamente.
A mostra descubre aos visitantes a producción deste doce nunha xornada de degustación. Os postos que se instalan ofrecen requeixo e mel da zona.

Nos diferentes postos ofrécense requeixo e mel
Ademais podemos atopar outros postos de comida, bebida, roupa, etc. Polo que resulta unha ocasión perfecta para desfrutar dun día completo nas Neves. Por mor das incertidumes meteorolóxicas debido ás datas da festividade, colócase unha carpa para maior comodidade dos visitantes.

Tamén coñecida como Romaría do Medo e celebrada cada 24 de agosto. Pídeselle ao santo que elimine calquera tipo de medo, e neste caso a ofrenda típica son animais, que posteriormente serán subastados. Celébrase na Capela de San Bartolomeu, na parroquia de Taboexa.