Oficina de tramitación de axudas
 
Para a axuda na información e tramitación pedir cita no teléfono 986956341 en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas

***

Nota anterior

O Concello das Neves contará “nos próximos días” cunha oficina para atender aos afectados polos incendios de mediados de outubro, os cales notificaron até o momento un total de 1.283 incidencias.

Así o comunicou este venres o goberno municipal e a Administración Autonómica, despois de que se reunísen durante horas o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e outros xefes territoriais das Consellerías, cos grupos municipais das Neves, a petición do Alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez, co fin de coordinarse “de cara a facilitar” as axudas postas en marcha polo Goberno autonómico e a iniciar o proceso de renacer das Neves.

Neste marco, a oficina municipal ten como obxectivo atender aos afectados, ofrecerlles información e axudarlles na tramitación das axudas “co obxectivo de que estas cheguen ao máximo número de afectados posible”.

Nos vindeiros días, o antes posible, indica o Alcalde nevés, informarase do lugar, horarios e sistema de atención da oficina de reclamacións e concretaranse reunións por sectores. O Goberno municipal porá todo o esforzo en minimizar os efectos posteriores a vaga de lumes como o ven facendo a través dun “espectacular grupo de voluntario”.