Alumeado Público Cultura Festexos Novidades
As Neves Map

As Neves contará este ano co alumeado de Nadal máis extenso da súa historia. O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acenderá as luces este sábado, día 30 de novembro ás 19:00 h., na Praza do Concello, dando comezo deste xeito aos días de lecer que contarán cunha programación que chegará ato o vindeiro 5 de xaneiro de 2020.

O concello alumarase con 5 árbores de Nadal que estarán nas rotondas do Conde, do IES Pazo da Mercé, do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, na Praza Maior e no aprcadoiro da rúa Esperanza. Ademáis, o alumeado contará con
estrelas de cor branca, decoración nas árbores e edificios públicos e haberá luces en todas as rúas do centro da vila, dende a rúa Cruceiro,
pasando por Entrecines, rúa da Feira, Praza do Cruceiro, rúa Marquesa do Pazo, Praza de San Ignacio, Praza Maior, Praza do Concello, rúa José Gil, rúa Doutor Martínez Rodríguez, e rúa Esperanza, incorpórandose este ano a cor lila na contorna do Concello, “amosando unha clara e firme postura en favor da igualdade”.

Ao igual que se vén facendo dende 2015, tamén se colocaron decoracións luminosas por todas as parroquias, estendendo o alumeado a todo o territorio, aínda que cunha novidade: o motivo escollido para esta decoración son estrelas brancas, igual que no centro urbano.

Acendido

O acto formará parte, dacordo coa Asociación de Comerciantes e Empresarios das Neves (ACEAN), organizadora deste evento, dunha tarde de lecer que comezará ás 16:00 h con actividades para as nenas e nenos: música, a visita de Papá Noel con caramelos e agasallos, pintacaras e canóns de neve.

O momento ‘clave’ chegará ás 19:00 h. co acendido das luces por parte do alcalde que transmitirá os seus bos desexos para este Nadal e para o vindeiro ano 2020, marcando o inicio das festas nas que, “por medio da colaboración entre o Concello e a Asociación de Comerciantes faise unha aposta decidida pola mellora e dinamización do comercio de As Neves”.

Autobuses a todas as parroquias para facilitar a asistencia.

Coa finalidade de que todas aquelas veciñas e veciños de As Neves que o desexen poidan gozar do acendido das luces, haberá dous autobuses que percorrerán todas as parroquias a partir das 16:00 h. e que farán o
percorrido de volta ás 21:00h.

Os buses farán os seguintes percorridos:

Cerdeira-San Xosé-Santiago de Ribarteme-As Neves;
San Cibrán-Vide-Setados-As Neves;
Santa Eulalia-San Pedro-Taboexa Rubiós-As
Neves;
Liñares-Tortoreos-As Neves.