Durante este ano 2021 o Concello contratará a 25 persoas, a través de diferentes convocatorias e fontes de financiamento.
Ata o momento, realizáronse xa os procesos de selección para cubrir 20 postos de traballo a tempo completo financiados con orzamento municipal e doutras institucións.
???? Con fondos do Concello:
– 1 Auxiliar de biblioteca durante 12 meses.
– 2 Condutores tractoristas durante 12 meses.
???? Con fondos da Deputación de Pontevedra:
− 2 Fontaneiros/as durante 6 meses.
− 2 Peóns forestais durante 9 meses.
− 2 Peóns de obras públicas durante 9 meses.
− 1 Condutor/a ou operador/a de maquinaria durante 10 meses.
− 2 Peóns de recollida de lixo durante 10 meses.
− 1 Monitor/a de servizos a comunidade durante 10 meses.
– 1 Informadora turística durante 6 meses.
???? Con aportacións da Xunta:
– 1 Peón forestal por 9 meses, a tempo completo.
– 2 Socorristas por 3 meses, a tempo completo.
– 3 Condutores motobomba por 3 meses, a tempo completo.
Está pendente a resolución dunha subvención da Consellería de Emprego para contratar 2 peóns de obras e 3 peóns forestais durante 9 meses ao 75% da xornada.
Ademais, estase a elaborar unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) para actualizar a estrutura de persoal municipal e as características dos postos. Avanzarase na promoción interna do posto vacante de oficial de servizos e tamén se está a negociar o primeiro convenio colectivo para persoal laboral do Concello das Neves