O Concello vén de adquirir un novo camión do lixo subministrado pola empresa Ros Roca, gañadora do proceso de contratación pública, por valor de 113.135€.
As características deste camión foron adaptadas para poder chegar a zonas dificultosas en condicións de seguridade e comodidade.
O vehículo, de marca Isuzu, pode alcanzar un peso máximo de 13.400 quilos, ten un ancho de 2,20 metros e 240 cabalos de potencia; cumprindo a normativa Euro VI-C. A caixa compactadora é o modelo Olympus Mini de 8 metros cúbicos fabricada en aceiros de alta resistencia, cun índice de compactación de 6:1. Ademais das últimas normativas de seguridade para os operarios.
O camión vén para mellorar o sistema de recollida da fracción resto podendo reducir unha das 6 rutas de recollida actuais e coa posibilidade de pasar a facer a recollida do contedor amarelo de envases. Esta adquisición tamén vai alongar a vida útil do outro camión ademais de avanzar na redución dos niveis de contaminación.
Substituése así o antigo vehículo Nissan que foi declarado como ben non utilizable e dado de baixa a través dun centro autorizado de tratamento.
A adquisición do vehículo alongouse no tempo ata conseguir o financiamento, que finalmente será cuberto completamente con fondos da Deputación de Pontevedra mediante o Plan Revitaliza e o Plan Concellos, polo que As Neves non tivo que dispor de fondos propios.
Dende hai uns anos o Concello das Neves ten asinado un convenio gratuíto co Concello de Salceda grazas ao que viña utilizando o seu camión unha ou dúas veces por semana. O espírito de colaboración institucional manterase conveniando de novo a colaboración no uso de maquinaria.