Este xoves, como seguiron en direto as veciñas e veciños das Neves que seguiron a retransmisión nas redes sociais do Concello, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, estivo presente na Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid, en representación do ‘Xeodestino Condado Paradanta’, xunto con Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño.

Recoñecemento á mellora de calidade turística

Pola mañá recibiron da Secretaría de Estado de Turismo e da Federación Española de Municipios e Provincias o diploma de recoñecemento ao compromiso pola mellora continua da calidade turística e ao esforzo para a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística, SICTED no
territorio.

Pola tarde tivo lugar a presentación do destino Condado Paradanta, “Un territorio por descubrir”, conducida polo xornalista Terio Carrera, na que estivo presente o alcalde, e que foi emitida en directo por streaming.