Un día máis,  o Servizo Galego de Saúde (Sergas), non  rexistra casos de contaxio no concello.   Os test realizados ata o momento foron  negativos.

As veciñas e veciños seguen a traballar na confección de material de protección. Este mércores  recollerase o primeiro lote de mascarillas feitas polas costureir@s voluntari@s do concello.


O Concello entregou dous lotes de mascarillas, un en cada farmacia das Neves para que se faciliten a aquelas persoas co sistema inmune deprimido, con algunha patoloxía diagnosticada ou que teñan que acudir a hospitais ou centros de saúde.


No que se refire ás tarefas de limpeza, mercáronse 80 botellas de lixivia de 1 l. e 20 de 2 l.  


Hoxe deu comezo o Programa de Seguimento e Apoio Psicolóxico telefónico a persoas maiores, en convenio coa Asociación Avelaíña.

Por último, estableceuse contacto cos equipos de orientación do colexio e do IES, así como co Centro de Saúde, para coñecer o número de casos de Trastorno do Espectro Autista (TEA) e Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) e outros problemas semellantes entre o alumnado, que poidan precisar un seguimento e apoio psicolóxico específico nesta longa situación de confinamento. Na vindeira semana contratase este servizo con ACEESCA.
Tamén na vindeira semana se vai proceder a realizar unha nova rolda de desinfección por todo o concello