O domingo 26 de xaneiro ás 18:30 h no Auditorio Municipal, a Concellería de Cultura das Neves inicia o ciclo de ‘Cinema de Inverno 2020’. Nesta primeira sesión o público poderá gozar da proxección das curtas infantís ‘Jako e o ladrón de mascotas’, de Yanco Apesteguia; ‘O noticiario do espazo’, de Yanco Apesteguia e Enrique Criado e ‘Alistán, o demo oveiro’, de Tomás Conde e Virginia Curiá.
Este ciclo conta coa colaboración do Centro Galego de Artes da Imaxe e a entrada ás proxeccións é gratuíta.
Nas seguintes sesións, programadas para o 16 de febreiro e o 14 de marzo, o público poderá ver, respectivamente, unha escolma de curtas do Festival de Cans, e o filme ‘O que arde’, do director lucense Oliver Laxe, gañadora do Premio do Xurado no Festival de Cans, do Premio Gaudí á Mellor Película Europea, e nomeada a tres Premios Goya- Mellor Director, Mellor Guión e Mellor Actriz Revelación, para a tamén lucense, Benedicta Sánchez.