Servirá para planificar as necesidades de mobilidade e logo optar a financiamento europeo para a súa execución
O Concello das Neves presentou hoxe a posta en marcha dos traballos para a elaboración dun plan estratéxico que busca avaliar e planificar as necesidades presentes e futuras de mobilidade para as persoas e mercadorías mediante procesos técnicos e de participación cidadá.
Este plan permite contar cun deseño completo de todo o Concello, marcando as necesidades, as prioridades e os orzamentos das distintas tarefas a desenvolver.
Unha vez rematado e aprobado este debe ser enviado a Deputación, quen financia o 75%, para o seu visto bo e aprobación definitiva.
O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, indica que o dispor desta ferramenta vai ser un condicionante para optar a subvencións europeas, co que As Neves ao dispor dela estará en mellor disposición que outros lugares para ser receptora desas axudas.