7 das 13 parroquias xa están sinalizadas e as demáis estarán en 2018
O Concello das Neves ven de executar a primeira fase do proxecto de instalación de sinais informativas que se financiou a través do Plan Concellos da Deputación e afectou a 7 das 13 parroquias do termo municipal coa instalación de máis de 150 sinais.
Esta iniciativa do goberno municipal de BNG e Psoe é refrendada pola veciñanza xa que das reunións nas parroquias, a través do programa “O Concello escoita”, esta foi a demanda común en todas elas facendo fincapé na necesidade da sinalización para os visitantes, a prestación de servizos, como ambulancias ou repartos e dar valor a diversidade de lugares do Concello.
Oscar González, segundo Tenente de Alcalde e responsable do proxecto informa que a primeira fase está completada coa instalación de sinais en San Cibrán de Ribarteme, Vide, Liñares, Tortoreos, parte das Neves, San Pedro e Santa Olaia de Batalláns. “O proxecto está elaborado ao completo e a segunda e última fase levarase a cabo no 2018 tan pronto sexa econónicamente posible”.