O proxecto inclúe a reforma de parque e pistas deportivas ademáis da instalación de biosaludables.

O Concello das Neves nas próximas semanas vai reparar os exteriores da escola de Liñares, instalando novos elementos de parque infantil e renovando a pista de deportiva, coa súa limpeza, pintado e colocación de novas porterías e canastas.

Tamén na zona próxima de Tortoreos, na escola da Chán instalaranse elementos de parque biosaludable xunto con bancos.

Segundo Oscar González, Concelleiro de Benestar, con estás dúas obras téntase abordar unha zona moi poboada e chegar aos diferentes estratos de poboación, a infantil, a mocidade e outros, podendo chegar a persoas con máis idade que tamén demandan lugares nos que poder exercitarse para manter un bo estado físico.