Agora a través das fortes chuvias do domingo, provocáronse múltiples problemas sobre todo na parroquia de Santa Olaia de Batalláns deixando cortada a estrada no barrio de Trasdoval, onde para recuperar o tráfico hai que repoñer as tubaxes, muros de contención e a propia estrada.

Moitos danos tamén en San Pedro, Taboexa, Cerdeira e San Xosé sobre todo.

Neste momento mantense cortada unha estrada a que une a zona da Igrexa e Centro Social de Santa Olaia de Batalláns coa PO402 en dirección Uma.

 

Algún dos traballos de limpeza o propio domingo de madrugada,