A Concellería de Ensino das Neves agarda rematar este mes as obras de Escola de Educación Infantil de Taboexa, no que aumentou o número de alumnas e alumnos, na que xa fora instalada a nova calefacción-que leva semanas en funcionamento-, logo de realizar un investimento de 1.500€.
Coma sinala a concelleira de Ensino, Pilar González Casas, xa se retiraron as reixas que ‘afeaban’ o edificio, a reforma do patio está acabada e recuperouse o soportal e nuns días tamén estará rematado o ‘areeiro’, no que as nenas e nenos poden xogar, especialmente os días nos que a choiva impide que o usen o patio.
Estes traballos súmanse aos de rehabilitación, aviado e instalación do parque da Escola de Educación Infantil de Rubiós, que abrangueron a reposición, reparación e revisión de pezas, pintado de estruturas, recuperación da varanda e substitución de táboas rotas, ademais de aviar os soportais exteriores e substituír as pezas dos baños, por un importe total de 4.186,60€.
O parque, situado a carón da nova Casa da Música, ademais está aberto para uso de todas as veciñas e veciños da parroquia e o Concello xa ten orzamento para a habilitación dun novo ‘patio interior’ na propia escola.
Galiña Azul
Os traballos para situar o novo centro na antiga casa do conserxe do Colexio Marquesa do Pazo da Merced están moi adiantados e se agarda que estean rematados en poucas semanas de xeito que as rapazas e rapaces poidan trasladarse axiña.
Esta nova escola, prevista para acoller, en principio a 20 nenas en nenos, terá unha superficie de máis de 160 metros cadrados, disporá dunha parcela de máis de 400 e estará co-financiada pola Xunta de Galicia. O custo total da mesma será duns 300.000€ dos que a administración galega aportará 225.000, o 75%, e o Concello de As Neves, os outros 75.000- o 25%.