Xa están en marcha as obras de acondicionamento da pista de tenis na Caíña que contan cun orzamento de 21.147€ financiados polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

As obras consisten na nova formación de pavimento de formigón poroso de 540 metros cadrados incluíndo as xuntas de dilatación e a súa correspondente drenaxe, cun espesor de 8 cm e un peso de 170-200 Kg/m2.


Os traballos inclúen a substitución dos postes e a rede de xogo, o pintado da superficie e as liñas de xogo e un acabado con resina acrílica.

A previsión é que as obras estean rematadas nas vindeiras semanas logo das cales se anunciarán as condicións para o seu uso e o sistema para a reserva da pista.