O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convoca axudas á mocidade para a adquisición de vivenda:
✅ Subvencións para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes, que se tramitarán co código de procedemento VI435A.
✅ Subvencións para a adquisición de vivenda nos centros históricos, que se tramitarán co código de procedemento VI400A.
????Requisitos das persoas
Persoas mozas maiores de idade que, teñan menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude, e reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.
2. Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM 2021: 564,90 €
Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou se dentro da súa composición existen persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación.
O referido límite será de cinco veces o IPREM cando sexa unha familia
numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
– Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
– Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
3. Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á data da presentación da correspondente solicitude.
4. Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.
5. Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
???? Requisitos da vivenda
1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes, (procedemento VI435A)
2. Que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico, (procedemento VI400A)
3. Que se trate dunha vivenda xa construída, tanto vivenda nova como usada.
???? Requisitos do prezo de adquisición da vivenda
1. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 100.000 euros.
2. No caso de subvencións para a adquisición de vivenda en centros históricos, que o prezo de adquisición da vivenda, no caso de que estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, non supere o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de
réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior, computando unha superficie útil de 120 m² e sen incluír os gastos e tributos inherentes á dita adquisición.
Este prezo máximo incrementarase nun 8 % no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2 % no suposto de dispoñer de rocho.
???? Tramitación
✅ As solicitudes tramitaranse de xeito preferente en https://sede.xunta.gal/portada cos procedementos VI435A e VI400A.
✅ O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de setembro de 2021.
✅Máis información no DOG do 2 de febreiro de 2021 e en http://igvs.xunta.gal/