Esta axuda está destinada a adquisición dun servizo para unha persoa con discapacidade. A
determinación do importe das axudas para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal establécese en función da intensidade do servizo e dos custos unitarios

Requisitos das persoas beneficiarias
a. Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Considéranse tamén así os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade
b. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c. Ter unha renda per cápita da unidade familiar de convivencia, calculada nos termos previstos no artigo 9, que non supere o300 % do IPREM establecido para o ano 2018.
d. Cumprir os requisitos establecidos con carácter xeral para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

SE VOSTEDE CREE QUE TEN DEREITO A ESTA AXUDA ACUDA OS SERVIZOS SOCIAIS
COMUNITARIOS DO CONCELLO (MARTES E VENRES DE 10:00 A 14:00)

Axudas a discapacidade