O Concello de As Neves recibíu por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), resolución da concesión de subvencións para axudar á reparación de catro infravivendas ubicadas nas distintas parroquias do noso Concello.

As vivendas solicitadas, previa valoración do persoal técnico municipal, reuníron a calificación de infravivenda por non reunir as mínimas condicións de habitabilidade, figurando como actuacións subvencionables a afectación dos elementos exteriores, estructura e de seguridade, habitabilidade e/ou accesibilidade.

Ao abeiro das bases do Programa de Infravivenda, as subvencións concedidas cubren o 95% do orzamento protexido das obras solicitadas, cun máximo de 15.000€ por vivenda.

O Concello das Neves colabora aportando o 5% do orzamento restante, para axudar a que familias con escasos recursos económicos, poidan acometer a totalidade das obras.

  • Importe total da subvención: 28.578,77 € (95% do orzamento con tope 15.000€ por vivenda)
  • Parte que asume o concello: 2.666,77 € (o 5% restantate)
  • CUSTE TOTAL DAS OBRAS: 31.245,54 €

Prazo de finalización das obras: 30 de novembro 2019

PLAN REHAVITA, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellora do acceso á vivenda

A convocatoria 2019 de Subvencions do Programa de Infravivenda do Plan Rehavita, está dirixida aos Concellos de menos de 10.000 habitantes para axudar, con carácter urxente, a aquelas unidades de convivencia que residan, en condicións de propietarias, nunha vivenda que se atope en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos económicos para acometer as obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.

Documento informativo infravivenda