Dende 1920, para as e os galegos o 25 de xullo é unha xornada de loita e reivindicación do noso territorio como nación.

Cen anos despois, seguimos camiñando para aumentar a nosa capacidade para decidir sobre os temas centrais que afectan ao noso desenvolvemento e ao noso benestar. Implicándonos tamén dende as institucións como no Concello das Neves adoptando decisións firmes e intencionadamente cargadas de xustiza social, igualdade e respecto pola sociedade diversa que somos.

E queremos continuar coa complicidade de cantas persoas acrediten nestes valores para ofrecer futuro ao noso País.

Bo día da Patria Galega!

Xosé Manuel Rodríguez Méndez.
Alcalde Concello As Neves.