Resultado da selección: admitidas e lista de agarda
1º listado – LISTADO DEFINITIVOS XULLO
2º listado – LISTADO AGARDA XULLO
3º Listado – LISTADO DEFINITIVOS AGOSTO
NOTA INFORMATIVA:
a) ¿Cómo coñecer se a miña solicitude foi admitida?
En cumprimento da normativa vixente de protección de datos, nos listados figura:
1º o número de rexistro de entrada que se asignou con cada solicitude
2º DNI da persoa solicitante (nai/pai)
3º Iniciales do menor
b) Solicitudes de agosto e criterios de asignación de prazas:
De cara a posibilitar a participación de cada un dos menores nunha quenda polo menos:
Ábrese o prazo ata o mércores 26 de xuño ata as 15:00 para que aquelas persoas na lista de agarda de xullo poidan optar a unha praza no mes de agosto, así como para dúbidas e reclamacións.
Criteiros de prioridade asignación prazas mes de agosto:
1º Persoas que solicitaron exclusivamente a quenda agosto.
2º Persoas que non desfrutaran do campamento na quenda de xullo
3º Persoas admitidas na quenda de xullo, por orde de preferencia.
O xoves 27 as 09:00h publicarase o listado definitivo de admitidos na quenda de agosto.
c) Reunión informativa:
convócase ás persoas admitidas a unha reunión de presentación e información sobre os contidos do campamento, horarios, normativa e dúbidas en xeral.
Data de celebración: xoves 27 as 12:00h
Lugar de celebración:
Centro Social As Neves
2ª planta
Máis información:
Servizos Sociais
Concello das Neves
Teléfonos: 986667134 | 689 984 210
A seguir información publicada o 8 de xuño de 2019
O Concello das Neves pon en marcha un ano máis o Campamento de Verán para que os máis novos manteñan actividades durante o verán e así axudar ao seu desenvolvemento e a conciliación da vida laboral e familiar.
Os documentos relacionados co proceso son:
Decreto e bases Campamento de Verán 2019
Circular Campamento de Verán 2019 _ Colexios
Bando Campamento de Verán 2019