O Concello das Neves pon en marcha unha nova edición do Campamento de verán.
Destinado a nenas e nenos empadroados nas Neves con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (cumpridos na data de inicio da escola de verán). Con actividades que ofrecen unha alternativa lúdica, deportiva e educativa á cativada do concello durante o período estival, estes campamentos supoñen un instrumento que facilita a conciliación familiar.
HORARIO E DURACIÓN:
HORARIO: De 09,00 a 14,00 horas de luns a venres.
DURACIÓN: Durante os meses de xullo e agosto, repartido e dúas quendas de un mes cada unha. (límite de 30 participantes por quenda)
1,- Do 2 ao 31 de xullo
2,- Do 1 ao 31 de agosto
Cada nena ou neno optará a unha praza dentro de unha das dúas quendas. Indicarase a orde de preferencia das quendas así como si se solicita doutra quenda para o caso de quedar prazas vacantes.
Prazo de inscrición: Do 11 ao 21 de xuño.
CRITERIOS DE SELECCIÓN,- Admitiranse os participantes na Escola de Verán por rigorosa orde de inscrición.
Terán prioridade:
Persoas empadroadas no Concello das Neves
Persoas que xustifiquen a necesidade por motivos laborais
Familias con informe xustificativo dos servizos sociais das Neves
DOCUMENTACIÓN,- As nenas e nenos interesadas deberán presentar nos Servizos
Sociais do concello a folla de inscrición cuberta xunto coa seguinte documentación:
DNI do pai/nai/titor
DNI do neno ou libro de familia
Cartilla da Seguridade Social
Quen alegue necesidade por motivos laborais presentarán copia do contrato e
certificado de empresa co horario de traballo.
Xustificante de ingresos
O CAMPAMENTO DE VERÁN É DE BALDE PARA AS E OS USUARIOS
Anexos a cubrir e presentar coa anterior documentación:
Condicións:
Resultado da selección: admitidas e lista de agarda
Nota aclaratoria: