O Concello comezou este venres pasado, día 15 de maio, os traballos de substitución do céspede do campo de fútbol ‘Pepe Capón’, que estaba seriamente danado debido ao incendio de 2017.

O cambio dos 6.842 metros cadrados da actual herba artificial por céspede coa certificación FIFA Quality Pro, foi adxudicada á empresa Mondo Ibérica por un orzamento de 126.868,50 €, que se financiarán coa axuda para bens públicos danados polo incendio de 2017 achegada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública (49%), a aseguradora MAPFRE (23%) e Fondos do Plan Concellos da Deputación (28%).



Óscar González, segundo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, indica que as obras terán unha duración mínima de tres semanas, que pode variar en función da climatoloxía; pois a chuvia dificulta estes traballos.