A partir da vindeira semana retómanse as clases de ximnasia saudable para maiores, financiadas polo Concello, que foran interrompidas pola situación sanitaria derivada da pandemia.
Así, o martes 14 comezarán nas Neves, o xoves 16 en San Pedro de Batalláns e o venres 17 en Setados e San Cibrán de Ribarteme.
Para o desenvolvemento destas actividades aplicarase un protocolo de seguridade fronte á Covid, seguindo as normas sanitarias vixentes.