#TempoNaCasa. #TempoParaCompostar
Dende o Concello das Neves levamos anos traballando para xestionar de forma eficiente o lixo das nosas veciñas e veciños. Unha desas formas, que xa implantamos en todo o noso territorio, é o da compostaxe.
A compostaxe é unha alternativa ecolóxica de xestión dos biorresiduos domésticos (restos de comida e vexetais), que supoñen a metade da nosa bolsa do lixo.
Son moitos e diversos os motivos para compostar:
- Prevención contra o coronavirus. Xa que evitamos a visita ao contedor verde.
- Cumprir coa normativa europea de xestión de residuos.
- Reducir o gasto na xestión dos residuos.
- Reducir as emisións de CO2 e outros gases nocivos.
- Empregar o compost en terras de cultivo e pechar así o ciclo natural.
Onde podemos compostar?
- As persoas que dispoñen de vivenda con terreo poden compostar a materia orgánica nun composteiro individual.
- As persoas que viven en edificios na zona urbana poden depositar a materia orgánica nos centros de compostaxe comunitaria (ccc) máis próximos.
E que facemos co que non se pode compostar?
- Todo o lixo non orgánico debe separarse na casa e depositarse no contedor que corresponda nas áreas de reciclaxe.
Nestes días tamén estamos a promover a reflexión conxunta sobre o modelo social que desexamos, e quixemos facer fincapé na importancia do coidado do medio que nos rodea, por iso o primeiro tema do programa #TempoNaCasa que lanzamos é O ecoloxismo e a soberanía alimentaria. Máis información: asneves.gal/tempo-na-casa-durante-a-crise-polo-coronavirus-covid-19/