Avanzado o mes de novembro o Departamento de Servizos do Concello das Neves continúa coa limpeza das estradas municipais.
Logo da primavera-verán, momento no que máis medra a maleza, os tractores repasan as vías nas que máis crece a biomasa, sexa porque a zona é máis húmida ou polo tipo de especies.
Este traballo seguirá durante o inverno coa intención de manter continuidade de limpeza todo o ano, intensificándoa na temporada de primavera-verán.
Desbroce de camiños
Ao mesmo tempo, desbrózanse camiños que unen uns barrios con outros e permiten o acceso a fincas, axudando a que se usen esas fincas e en conxunto previr incendios.
Poda de árbores
Outro equipo traballa na poda de árbores das beiras das vías para permitir o mellor paso de grandes vehículos como autobuses ou camións, ademais de retirar os pés que teñen perigo de caer e provocar algún accidente. Os restos de poda tritúranse para o proceso de compostaxe do Plan Revitaliza