✅ O conselleiro de Sanidade confirmou este martes a decisión do Comité Clínico que asesora á Xunta: á vista do avance da COVID, As Neves  pasa a estar no grupo de concellos galegos co ‘nivel máximo’ de restricións.

✅ Isto suporá que, dende a entrada en vigor desta medida, previsiblemente ás 00:00h. do xoves, 21 de xaneiro:

???? As Neves quedará pechada perimetralmente e non estará permitido entrar ou saír da vila sen xustificación.

????‍????‍????‍????Todas as reunións sociais estarán limitadas a un máximo de 4 persoas.

???? A Hostalaría non poderá servir no interior, só nas terrazas, que estarán ao 50% da súa capacidade. Non poderá haber máis de 4 persoas por mesa e os locais pecharán ás 18:00h.

???? O Comercio terá limitado o seu aforo ao 50% e a hora de peche será, como máximo, ás 21:30h.

⛹️‍♀️ Quedarán suspendidas temporalmente todas as competicións deportivas, incluidas as de deportes federados, en campionatos e ligas autonómicas. Sí se disputarán as de nivel estatal.

???? ‘Toque de queda’ ás 22:00h.

✅ Estas medidas entrarán en vigor logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).  ℹ️ Máis información: http://ow.ly/GFUc50Dck47